O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 28 de outubro de 2012

O concello de Teo iza a bandeira republicana na presentación do «Homenaxe Vítimas do Franquismo»

 
La Voz de Galicia - Xoán A. Soler - 03 de outubro de 2012
A asociación Irmáns Liste Forján presentou no consistorio o programa, que terá lugar o 10 de novembro, coincidindo coa desaparición en 1936 de Constante Liste.
 
Mais información: asoc.listeforjan@gmail.com

sexta-feira, 26 de outubro de 2012

75 cabodano dos milicianos mortos no Acevo no ano 1937

 
 
ARMH- Correccións Estación Atlántica
Imos facer a homenaxe no 75 cabodano dos milicianos mortos no Acevo no ano 1937.

Reunión na chaira do Museo da Fonsagrada
11.30 autobús con destino ó Acevo

12 horas ACTO NO ACEVO en homenaxe a:

José Moreno Torres Mayor das Milicias (comandante)
Jaime Machicado Llorente Comisario Político do batallón (comandante)
Odilo Masid Masid Comisario político da compañía (capitán)
Manuel Ramos Escarís Comisario político da compañía (capitán)
Maximino Martínez Fernández Tenente (axudante)
Manuel Bugallo Lois Sarxento das Milicias (Miliciano)
Luis Rafael Villar Sánchez
Jesús Martínez Castro
e seis milicianos máis

quinta-feira, 25 de outubro de 2012

XIV Semana Galega de Historia

 
Nomes e Voces
Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a XIV Semana Galega de Historia que leva por título "Franquismo, Investigación Históriográfica e Memoria Histórica" entre A Coruña (UdC) e Oroso.
Nestas xornadas participan entre outros investigadores e docentes os membros do Proxecto 'Nomes e Voces': Lourenzo Fernández, Julio Prada e Emilio Grandío e Dionísio Pereira.

Ver programa

Até o día 27 de novembro está aberto o prazo para inscribirse na próxima XIV Semana Galega de Historia. A matrícula dá dereito ao certificado de asistencia, á recepción das actas do encontro, unha vez publicadas, así como ao agasallo de dous números de Murguía. Revista Galega de Historia e de dous títulos publicados pola Asociación Galega de Historiadores.
A matrícula será gratuita para os membros da AGH, do Instituto Galego de Historia e para os subscritores/as de Murguía. Revista Galega de Historia. Para o resto de asistentes as taxas son as seguintes:
- Estudantes, desempregados/as e xubilados/as: 10 euros.
- Outros: 20 euros.
Para formalizar a inscripción hai que facer un ingreso ou transferencia na conta Asociación Galega de Historiadores Catalunya Caixa: 2013 1843 51 0200090717 co asunto Matrícula SGH e mandar o xustificante do pago a sgh@asociaciongalegadehistoriadores.com

segunda-feira, 22 de outubro de 2012

“Para os cregos comprometidos a súa foi unha loita que a Igrexa non aproveitou”

 
Diario de Ferrol.- Nicolás Vidal 14/10/12
É lugar común destacar a loita e o compromiso que os cregos de Ferrol tiveron nos anos 60 e 70 coa clase obreira e contra o franquismo. Folgas, represións e cárcere salferen a súa biografía. Esta historia vén de ser documentada pola investigadora e profesora da Universidade Complutense Rosa Cal, quen analizou en profundidade as características como grupo deses sacerdotes e os problemas e dificultades que lles causou a oposición á ditadura. Botando man tanto de fontes orais como dun exhaustivo traballo de investigación, compuxo “Los curas contra Franco. Ferrol 1950-1978” (Edicións Embora) que se presentou o venres ás 18.30 horas na Galería Sargadelos.
A autora estará acompañada polo profesor Xosé Luís Barreiro Rivas e un dos seus protagonistas, Antón Martínez Aneiros.

Na España dos anos 60 e 70 só houbo cregos antifranquistas en Ferrol?
Non, niso esta comarca non foi excepcional porque tamén os houbo en Cataluña, País Vasco, Madrid ou Andalucía. O que fixo diferente a Ferrol foi o feito de que aquí había unha enorme influencia militar, que foi unha das causas da súa toma de postura, como no sucedido na procesión do Corpus do ano 68, que demostrou o gran poder do exército. Iso levou ao grupo a unha concienciación. Ademais hai que dicir que eles comezan a comprometerse cos obreiros en Ferrol, porque antes, moitos estaban no rural facendo un traballo rutinario.

Quen formaba parte dese grupo?
Investiguei especialmente o labor de Cuco Ruiz de Cortázar, Antón Martínez Aneiros, Xosé Chao Rego, Ángel Ferreiro Currás, Gabriel Vázquez Seijas e Vicente Couce, pero hai outros moitos que van aparecendo ao longo do libro.

Que os une a todos eles?
Unha mesma utopía, o tratar de facer unha relixión do aquí e agora. É unha xente que se compromete cos pobres e os obreiros. Hai que pensar que o seu labor está fornecido polo Concilio Vaticano II, que os apoia teoloxicamente porque eles non son tolos. Por outra banda, o bispo Argaya crea en Ferrol a Domus Ecclesiae que se converte no lugar de reu-nión e reflexión de todos eles. Ademais é unha xente que ten contacto con fóra, con Madrid ou no extranxeiro.

Hai quen fala de curas comunistas, pero foi tan evidente esa relación?
Non é certo, eles non entraron na loita partidista. De feito ningún se afiliou ata secularizarse ou anos despois. Vicente Couce afiliouse a Esquerda Unida hai tres anos! Eles entenden o seu traballo como unha prolongación natural do seu sacerdocio. Eles abren as igrexas e as sacristías nun momento en que nace CCOO, que a súa vez está cheo de xente da JOC (Juventud Obrera Católica) e HOAC (Hermandad Obrera de Acción Católica).

Como foi o traballo de investigación?
A investigación oral non abondaba porque a xente trabúcase. O bo é que as fichas da policía político-social informaban ata dos libros que lían todos eles. Rexistraban todo aínda que non sempre era verdade, porque tiñan que esaxerar porque senón non había razón para castigalos.

E foron castigados e ata pasaron pola cadea.
Si, pero como moito os seus delictos foron propaganda ou asociacionismo ilegal, ou cousas tan absurdas como atoparlles unha canción. Pero tíñano claro. Xente como Vicente Couce ás dúas semanas de saír da cadea de Zamora xa estaba manifestándose. Non podían con eles.

Tivo problemas nos arquivos?
Nalgúns si. Tiña que entregar xustificantes e permisos varios. Entrar no arquivo da diócese é imposible, din que teñen que pasar 80 anos... díxenlles que me coidaría pero non sei se chegarei alá. O do Ministerio do Interior foi un búnker, tiven que insistir tres anos e non entregaron a documentación como deberían.
Que novidades aporta o libro?
Hai unha narración de Aneiros do interrogatorio tralos sucesos de marzo do 72, que é un modelo de intimidación do que lle facían aos curas comprometidos. Tamén hai unha carta de Couce ao pai desde o cárcere que lle expresa ao pai dúbidas do seu papel dentro dunha Igrexa xerárquica que non os comprende. Tamén hai unha carta de Vázquez Seijas a primeira vez que o deteñen trala folga de Peninsular Madereira. Botáronlle en cara que era comunista, cando el era un home tradicional e de dereitas pero moi implicado co mundo obreiro. El escribe un texto moi duro ao comisario no que bota a culpa do asasinato do seu pai en Teruel na Guerra Civil pola desidia e traición dos compañeiros franquistas. Esta copia da carta conseguina no Ministerio do Interior, pero estaba censurada por alguén na actualidade...

Para rematar, a maioría dos curas obreiros secularizouse. Que visión teñen deses anos?
Que foi un tempo perdido para a Igrexa que non aproveitou a súa loita para renovarse. A nivel persoal, foi un tempo valioso de toma de conciencia social. É unha historia que é parte de Ferrol, de España e da Igrexa.

sexta-feira, 12 de outubro de 2012

A coalición de Beiras critica a Caballero por non quitar a cruz do Castro

 
"É un elemento simbólico fascista que pervive coa complicidade do alcalde"
 
Alternativa Galega de Esquerdas reuniu hoxe a un nutrido grupo de simpatizantes xunto ao principal vestixio do bando nacional da guerra civil existente en Vigo. Reunidos ao redor da cruz dos caídos no monte do Castro, reclamaron a súa retirada e criticaron ao alcalde socialista por non cumprir a lei da memoria histórica que así o establece. Cualificaron dita cruz de «elemento simbólico fascista» e acusaron a Caballero acusándoo de incumprir «sistematicamente» a lei da memoria histórica. Elixiron a data do 12 de outubro igualmente como «acto de desagravio» para o que consideran unha idea de España «como conquistadora de continentes».
 
Por todo iso a número dous da lista, a viguesa Chelo Martínez, comprometeu unha lei integral de memoria que levará ao Parlamento galego para dignificar «aos que tiveron que sufrir polo franquismo». O escrito Xosé María Álvarez Cáccamo, número 12 da candidatura, participou no acto e leu un manifesto respecto diso xunto con membros da asemblea repúblicana de Vigo e da asociación viguesa pola memoria histórica.
 
Ambos os colectivos batallaron nos últimos anos para intentar que o Concello promovese a retirada da cruz do Castro. Caballero non accedeu ás súas demandas, negándose en todo momento a explicar publicamente a súa postura.

quinta-feira, 11 de outubro de 2012

Domingo 14 de outubro ás 13 horas Homenaxe na Volta dos 9 (Baiona)

Publicado na Revista Galega de Historia Murguía,
no Nº 7/8, ano 2003.
Amigas e amigos do IEM:
Na madrugada do vindeiro 15 de outubro cumprirase o 76 cabodano do tráxico asasinato dos 9 veciños do Val Miñor na estrada Baiona - Camposancos, á altura do quilómetro 58 da Bombardeira (Baredo), hoxe coñecida como a "Volta dos Nove". Como tódolos anos, familiares dos asasinados e o Instituto de Estudos Miñoranos, desenvolverán unha sinxela homenaxe que terá lugar o día domingo 14 de outubro ás 13 horas.
Diante do monumento que lembra a súas memorias, obra do escultor Fernando Casás, se realizará unha ofrenda floral e dirixirá unhas palabras o historiador, Carlos Méixome, director do IEM.
Convidamos a todas e todos a participar do acto.

Exposición​: "Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975​)"

IEM
 
Ata o 11de novembro de 2012
Esta mostra ten como obxecto poñer en valor o papel que desempeñaron as asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durante os últimos quince anos da ditadura franquista (1961-1975). Desde as primeiras iniciativas de rescate da cultura galega comezadas por Galaxia e a súa rede, as accións daqueles mozos e mozas foron determinantes para estender a lingua e a cultura identitaria mediante a fórmula asociativa, nun marco pouco propicio para este labor. A súa metodoloxía integradora, tendendo pontes co galeguismo de antes da guerra, e a súa penetración no tecido social foron determinantes para consolidar os pasos precisos no camiño da construción dunha cultura nacional.

Foucelhas será homenageado na XII ediçom do Dia da Galiza Combatente

 
O próximo 12 de outubro, decorrerá na cidade da Corunha a XII ediçom do Dia da Galiza Combatente, instaurada por NÓS-Unidade Popular em 2001.
A figura do mítico guerrilheiro galego Benigno Andrade “Foucelhas” centrará os atos deste ano.
Cidade herculina acolherá atos centrais
O ato central terá lugar na corunhesa Praça de Carlos I, fronte o Museu Militar, onde está “sequestrado” o fuzil mauser que portava o combatente galego o dia que foi que foi detido pola Guarda Civil em Oça dos Rios, depois de ser ferido de bala.
Sob a legenda Benigno Andrande Foucelhas, exemplo da resistência popular NÓS-Unidade Popular realizará um comício a sexta-feira 12 de outubro às 13 horas.
Intervirám as companheiras Eva Cortinhas, em representaçom da organizaçom juvenil BRIGA, e a porta-voz nacional de NÓS-Unidade Popular, Rebeca Bravo.
Posteriormente terá lugar um jantar de confraternizaçom.
Caderno Biográfico do Foucelhas
Nos próximos dias sairá do prelo um caderno com a biografia do Foucelhas que será distribuido a 1€. Também nas próximas semanas estará disponível em formato digital.
Autocarro
NÓS-UP freta transportepara facilitar assistência. Partirá às 8.00 horas da Guarda, com paragens em Salvaterra (9.00hs), Ponte Areias (9.15h), Porrinho (9.30h), Vigo (10.00h), Ponte Vedra (10.30h) e Compostela (11.15)
O cartom pode ser adquirido por 9€. Para mais informaçom nacional@nosgaliza.org ou telefonando a 669 778 474.

domingo, 7 de outubro de 2012

El callejero de la zona de Sarria mantiene nombres franquistas

Sarria estrenó bulevar pero conserva el nombre de Calvo Sotelo y
los coches encima de la acera. B.L.
 
El desacuerdo hace que la villa, Samos y Portomarín incumplan la ley

Al menos tres municipios de la comarca o de la zona de Influencia de Sarria siguen incumpliendo la Ley de Memoria Histórica bastantes años después de su aprobación. La propia villa sarriana, Samos y Portomarín conservan en su callejero nombres franquistas. Curiosamente, en los tres hubo o hay alternancia entre derecha e izquierda en el gobierno municipal, pero los desencuentros, unidos a un interés muy moderado, pesan más y son un escollo para actualizar los nombres. En Sarria, un tramo de una de sus principales avenidas acaba de ser remodelado y reconvertido en bulevar, pero se sigue llamando Calvo Sotelo. José Antonio Primo de Rivera también sigue conservando su calle.