O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 28 de abril de 2011

Silenciadas: nova Xornada da Oliveira



A Oliveira de Teo ten o pracer de convidar ao acto, aberto ao público en xeral, que se vai celebrar o día 29 de abril deste mes que andamos, ás 20,30 horas, na Mediateca Municial o Grilo de Cacheiras.

Alí proxectarase o documental Silenciadas, de Pablo Ces. Contamos coa presenza do propio director e da profesora Aurora Marco, que colaborou no guión. O filme baséase no traballo de pescuda que Aurora Marco desenvolveu, durante cinco anos, ao longo e ao ancho de Galicia.

En adxuntos a este correo enviamos nota de prensa da nosa asociación, e un .pdf no que MrMisto Films SL, a produtora, explica as catacterísticas do documental.

Sobre o filme poden achar vostedes información neste enderezo

Agradecemos a difusión e a asistencia a este acto.

Un saúdo,
A directiva da Oliveira

Nota informativa

As silenciadas

A Produtora MrMisto Films S.L. ven de realizar un documentario histórico, As silenciadas, que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio…

Co propósito de contribuír ao labor de recuperación da memoria histórica e da historia das mulleres, elaborouse este produto audiovisual que tenta a divulgación dalgunhas traxectorias femininas na época da posguerra en Galicia. Mulleres que, malia seren a columna vertebral da resistencia antifranquista, seguen a ser ignoradas ou esquecidas. Neste sentido, o documentario, alén de innovador, é pioneiro.

O audiovisual, dirixido por Pablo Ces –estreado na Domus da Coruña o pasado 8 de abril– básease nas investigacións de Aurora Marco, da Universidade de Santiago de Compostela. Pode consultarse a páxina web onde figura o teaser promocional e outras informacións de interese: http://www.silenciadas.com/

Nenhum comentário:

Postar um comentário