O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 29 de junho de 2011

A documentación do sindicalista José Villaverde Velo na Real Academia Galega

Estimados/as amigos/as,

Hoxe mércores día 29 de xuño, na sede Coruñesa da RAG terá lugar a partires das 13.00 horas, o acto de cesión da documentación do sindicalista José Villaverde Velo á Real Academia Galega.

Procederase á sinatura da cesión por parte das irmáns Mar y Luz e Olga Villaverde Otero e o presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, cumpríndose así, así un dos desexos dos familiares de Villaverde Velo: que a documentación de carácter político agochada durante a Guerra Civil e a ditadura franquista remate nun Centro Documental de carácter público accesible a toda a cidadanía interesada na historia do movemento obreiro galego e na represión franquista acontecida tralo golpe de estado de xullo de 1936.

En 2007 o Proxecto de Investigación “Nomes e Voces” púxose en contacto coas irmáns Villaverde Otero grazas á relación que o coordinador de Pontevedra Dionisio Pereira, mantiña coa familia desde os anos setenta. Desde ese momento, os investigadores da universidade compostelá realizaron unha recompilación, catalogación e dixitalización de preto de 100 fotografías de carácter histórico, da correspondencia política de José Villaverde con líderes sindicais Galegos e estatais e de parte da súa biblioteca. Así mesmo, procedeuse á recuperación e posta a disposición pública dos xornais Solidaridad Obrera, Solidaridad, La Calle e Brazo y Cerebro a través da páxina web do grupo de investigación

Solidaridad Obrera e Solidaridad foron os voceiros, en diferentes anos, da Confederación Regional Galaica-CNT, editados na Coruña entre 1930 e 1936 –o primeiro deles até 1934 e o segundo de 1935 a 1936. O caso de La Calle é aínda máis significativo xa que esta é a única colección coñecida deste xornal sindicalista, editado nos primeiros meses de 1936 tamén na cidade herculina.

Agardamos que esta información sexa de interese.

Grazas e un saúdo cordial,
Chus Martínez

Máis información:
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

Nenhum comentário:

Postar um comentário