O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 24 de julho de 2011

Acto de Memoria no Calvario


Informamos do acto de Memoria no Calvario, organizado pola Federación Veciñal "Eduardo Chao" e pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007)

Lugar: Calvario (frente ao mercado de abastos)

Día: xoves 28, ás 7.45 do serán
-----------------------------------------------------------------------------

Publicado por o
Na mañá de hoxe foi presentado en rolda de prensa o “Homenaxe veciñal á resistencia antifraquista en Vigo no 1936”, organizado pola Federación Veciñal e pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, co que ambas entidades pretenden render homenaxe e “dignificar a memoria das viguesas e dos vigueses que combateron contra do fascismo, a favor da liberdade e da democracia que representaba a legalidade republicana” segundo explicaron.


O acto terá lugar este xoves 28 de xullo, a partir das 19:45h, ao carón do monumento “Fiestra á Liberdade”, situado fronte o Mercado do Calvario, e incluirá as intervencións de Telmo Comesaña, Presidente da asociación da memoria, e María Pérez, Presidenta da FAVEC, así como unha ofrenda floral e unha peza musical de homenaxe que será interpretada polas violinistas Laura e Marina Quintillán.

ANUNCIAN UNHA ACCIÓN MOBILIZADORA EN SETEMBRO POLA RETIRADA DA CRUZ DO CASTRO

As entidades organizadores presentaron este acto como o punto de partida para unha convocatoria social, aberta e plural, que promoverán co obxectivo de realizar unha grande acción reivindicativa para demandar a retirada da Cruz do Castro o vindeiro 14 de setembro (data na que se inaugurou). “Este ano cumpriranse 50 anos da inauguración deste monumento fascista na daquela denominada Praza da Divisón Azul, e por iso facemos un chamamento a todas as organizacións sociais, políticas e sindicais, a sumarse a nós para facer que este 2011 sexa o derradeiro aniversario que cumpre en pé” explicaron.

Nese senso demandaron do Concello, por ser a administración competente, que “atenda o clamor social que por pura dignidade democrática quere que este símbolo que homenaxea a un réxime asasino e represor, deixe de estar en pé nun enclave tan significativo da nosa cidade”, para o que lle reclamaron vontade política para dar cumprimento á Lei da Memoria Histórica.

A Comisión Permanente.

Nenhum comentário:

Postar um comentário