O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

«Á miña nai matárona polas súas ideas, era unha gran persoa»


Francisco Varela / Ferrol / A Voz 27 de xaneiro de 2012
Ás cinco da tarde de hoxe, como nos últimos 27 de xaneiro, Memoria Histórica celebra un acto no castelo de San Felipe, en memoria de Amada García, a mugardesa fusilada nesta data de 1937. Militante comunista, estaba embarazada cando foi condenada á morte en consello de guerra. No ventre levaba ao seu fillo Gabriel, que naceu o 31 de outubro anterior no Hospital de Caridade de Ferrol. Deixaron que o aleitase ata xaneiro e logo, un pelotón de fusilamento acabou coa súa vida no castelo. Gabriel, de 75 anos, onte na súa casa de Caranza, abriu o seu corazón, ante unha foto de Amada con apenas 18 anos, unha muller atractiva. Gabriel é xubilado de Bazán, onde traballou no taller de electrónica.

-¿Que pasou despois?
-Criáronme os meus avós maternos, en Ferrol Vello. De pequeno, ía coa miña avoa ao cemiterio de Serantes, a levarlle flores. Logo conseguiron quitar os restos da fosa común, e máis tarde eu arranxei a tumba en terra, no mesmo Serantes, póndolle o meu pequeno mausoleo.

-¿Como ve agora á súa nai?
-Preguntei moito, os historiadores traballaron tamén: creo que foi unha gran persoa á que mataron polos seus ideais e tamén porque o xefe de Falanxe de Mugardos quería deitarse con ela. Negouse, xa estaba casada, e pagouno caro. Dixéronme que morreu gritando Viva a República. Eu irei mañá [por hoxe] como sempre, ía xa antes de existir Memoria Histórica.

-¿E na familia?
-Tamén queremos que se manteña a súa memoria. A miña filla maior, que ten as mesmas ideas que ela, chámase Amada e unha das súas fillas, tamén. É a nosa pequena homenaxe.

-¿Dicíase que foi por bordar unha bandeira?
-Si, pero por erro. A da bandeira foi Elena Leira, á que conmutaron a pena de morte. A bandeira, non se se do partido ou republicana, deulla á miña nai.

Gabriel García fillo de Amada García, fusilada en 1937

Nenhum comentário:

Postar um comentário