O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 14 de janeiro de 2012

A Xunta di que non lle incumbe aplicar a Lei de Memoria Histórica

Roberto Castro Y José Manuel Lage (PSOE). Foto: EUROPA PRESS

Traducción Estación Atlántica
El País MARÍA PAMPÍN - Santiago - 10/12/2011
A aplicación da Lei de Memoria Histórica non é un asunto que concierna á Xunta, despexou onte o director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias do Goberno galego, Roberto Castro. O alto cargo, que respondeu en comisión a unha pregunta do PSDEG sobre a aplicación da norma, reprochou ata ao bipartito que se encargase "desas cousas". "Así lles foi, deixaron de lado outras prioridades", criticou. Castro asegurou que os artigos de lei "non teñen nada que ver coa Xunta" e que é tarefa do Goberno central "cumprir o que aprobou con media España en contra". "Debería preguntarlle ao Goberno que fixo ademais de resucitar asuntos que a sociedade española xa tiña superados", apuntou.

O deputado socialista José Manuel Lage Tuñas replicou a Castro que omite a colaboración entre Administracións que reflicte a lei para os casos de identificación de vítimas e a retirada de símbolos franquistas. A continuación, interrogouno sobre por que Galicia "é das poucas comunidades que non asinou ningún acordo de colaboración" co Estado nestas materias. Lage afeou a Castro a "actitude reprochable" da Xunta sobre o peche do Pazo de Meirás en agosto. "Por que hai unha ausencia de compromiso democrático? Agás que vostedes lexitimen outro sistema que non é democrático ou agás que lexitimen o tiro na caluga. Se estivésemos noutro país europeo ningún partido de centro dereita cuestionaría o que estou dicindo aquí", afirmou. "Podería pedirlle que non se pase no seu uso da liberdade de expresión", replicou Castro.

"Mirar cara adiante"

O alto cargo da Xunta insistiu na idea de que mirar para atrás débese facer só "para coller impulso" e apelou á "renuncia lexítima de posicionamentos" de ambos os bandos na Transición como o peche desa "etapa". Castro explicou que o labor da Xunta no ámbito da memoria histórica céntrase en "aspectos estritamente culturais": o proxecto de investigación universitaria Nomes e voces, que se iniciou co bipartito, e as actividades da Illa de San Simón. O primeiro, con todo, pasou de ter 240.000 euros da Xunta no primeiro ano do Goberno do PP a un investimento de 30.000 euros o pasado ano. En 2011, a Administración galega deixou de achegar diñeiro. "Quédome coa vontade integradora e co ánimo de mirar cara adiante", pechou.

Nenhum comentário:

Postar um comentário