O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 24 de março de 2012

Vigueses distinguidos

O abeiro da festa da Reconquista de Vigo – 28 de marzo – A Fundación “vigueses distinguidos” publicou un libro de dos e das vigueses /as distinguidos polo Concello de Vigo dende a súa Fundación no ano 1985. Os escritos que figuran no libro foron a chega que cadaquen lle fixo chegar a organización. No Arquivo adxunto fagovos chegar o escrito da Asociación viguesa pola memoria do 36.

Saúde e memoria republicana
Telmo

Texto do libro;
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 fundouse en agosto de 2005 cunha clara intención e un claro obxectivo: o de agrupar e poñer en contacto ás persoas que estabamos a demandar axuda para coñecer o que lles acontecera aos nosos familiares nos terribles anos da guerra do 36.

Queriamos saber e dar reposta a numerosos interrogantes. Por que os mataron, quen os matou, por que os xulgaron e quen os condenou en Consellos de Guerra Sumarísimos baixo a acusación, nun exercicio de perversión da linguaxe sen parangón na historia contemporánea, de “rebelión militar” non sendo militares, e precisamente aos que respectaron a lexitimidade do estado republicano fronte ao golpe militar. Queriamos saber por que lles chamaron “paseos” aos asasinatos, impunes e inmunes, cometidos nas corredoiras do país, nas súas estradas, nas súas praias, nas súas cidades e vilas. Queriamos e necesitabamos recuperar os seus restos “desaparecidos” naquela orxía de morte e destrución que non respectou nada, queriamos darlles nomes e facianas e queriamos e queremos, sobre todo, devolverlles a dignidade arrebatada pola ditadura e os seus cómplices.

Esta tarefa recuperadora dunha memoria histórica sempre mutilada polo franquismo, construímola nós en Vigo e outros moitos coma nós no resto do Estado, grazas á colaboración de moitas persoas individuais e anónimas, de moitas asociacións ás que poucas veces se lles recoñece o seu labor, de moitos historiadores e investigadores que comparten as nosas inquedanzas e que participan do noso mesmo espírito de xustiza universal para coas vítimas do franquismo e da ditadura..

A nosa Asociación sempre considerou como unha obriga irrenunciable a tarefa de levar a cabo non só un labor didáctico e revelador daqueles anos de chumbo e medo nos centros de ensino e diante da cidadanía en xeral, senón tamén a de ir identificando e sinalando os “Lugares de Memoria”, dando pulo a iniciativas que, en cumprimento da “Ley de Memoria Histórica”, puidesen contribuír, por fin, a facer desaparecer calquera vestixio ou símbolo da ditadura.

Por estes obxectivos traballamos e por estes obxectivos seguiremos traballando ata que o noso lema nuclear de Memoria, Verdade Xustiza e Reparación prevalezan fronte ao esquecemento.

ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36

Nenhum comentário:

Postar um comentário