O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 29 de setembro de 2012

Carta de despedida de Xosé Humberto Baena


Traducción Estación Atlántica

Papá, mamá:
Executaranme mañá de mañá.
Quero darvos ánimos. Pensade que eu morro pero que a vida segue.
Recordo que na túa última visita, papá, dixéchesme que fose valente, como un bo galego. Funo, asegúrocho. Cando me fusilen mañá pedirei que non me tapen os ollos, para ver a morte de fronte.

Sinto ter que deixarvos. Síntoo por vós que sodes vellos e sei que me queredes moito, como eu vos quero. Non por min. Pero tedes que consolarvos pensando que tedes moitos fillos, que todo o pobo é o voso fillo, polo menos eu así volo pido.

Recordades o que dixen no xuízo? Que a miña morte sexa a última que dite un tribunal militar. Ese era o meu desexo. Pero teño a seguridade de que haberá moitos máis. ¡Mala sorte!

¡Canto sinto morrer sen poder darvos nin sequera o meu último abrazo! Pero non vos preocupedes, cada vez que abracedes a Fernando, o neno de Mary, ou a Manolo facervos á idea de que eu continúo neles.

Ademais, eu estarei sempre convosco, asegúrovolo.

Unha semana máis e cumpriría 25 anos. Morro novo pero estou contento e convencido.
Facede todo o posible para levarme a Vigo.
Como os nichos da familia están ocupados, enterrádeme, se podedes, no cemiterio civil, á beira da tumba de Ricardo Mella. Nada máis. Un abrazo moi forte, o último.
Adeus papá, adeus mamá.
O voso fillo:
Xosé Humberto

Nenhum comentário:

Postar um comentário