O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 25 de agosto de 2012

76º cabodano do fusilamento de López Bouzas

 
Traducción Estación Atlántica
Asociación López Bouza 22/8/12
O 30 de agosto de 1936, López Bouza, destacado dirixente politico galego, xornalista, humanista e sendo Presidente da Diputacion da Coruña e do Comite central da Autonomia, foi fusilado por defender a legalidade e a Liberdade. Hoxe 76 anos mais tarde, seguimos recordando a súa figura e reivindicando os seus valores.

sexta-feira, 24 de agosto de 2012

Homenaxe en Cangas as vítimas de Anguieiro 2012

 
A A.C. MEMORIA HISTÓRICA 28 de agosto-Cangas, ten a ben convidalo/a aos actos en Lembranza aos 11 cangueses asasinados na madrugada do 28 de agosto de 1936 no Anguieiro, por defender a Xustiza e a Liberdade
 
Creación Libre, Carmen Blanco
 
Á memoria pola liberdade de Cangas
 
As criaturas teñen que vivir. Apertura das prisións das cárceres escolas manicomios mudos .Mentes corpos represivos. A represión fai mal a todo mundo.Mais a liberdade resiste toda represión . Porque  a liberdade é irresistible
Lugo, 14, xuño, 2012

Medalla de Ouro de Baiona a Fraga, NON!!


Galiza Nova Comarca de Vigo
Galiza Nova vén de convocar unha concentración para rexeitar que o Concello de Baiona dedique a súa Medalla de Ouro a Manuel Fraga.

MARTES 28 agosto, ás 19:45 en BAIONA, diante da Casa Carvajal (fronte ao peirao, rúa Ventura Misa), coincidindo co acto de entrega do máximo galardón do concello á familia Fraga.
Lembremos que esta medalla aprobouse conceder a Fraga no ano 2000 polo goberno municipal, co BNG sempre en contra. O motivo de que se lle entregue 12 anos despois non é que Fraga se negara a recibir galardóns mentres estivese de presidente, como se está a dicir. O motivo principal polo que daquelas Fraga non aceptara recibir a medalla fora porque o PP non estaba na alcaldía naquela altura pese ao pactado co alcalde independente.

12 anos despois, o PP no goberno municipal rescata esta polémica medalla para celebrar unha festa a modo de fin de verán cos seus achegados.

Galiza Nova vén amosando ao longo do País o noso rexeitamento ás homenaxes de concellos e demais institucións públicas a unha persoa que foi cómplice e dirixente da ditadura fascista de Franco así como máximo responsábel da negativa xestión que padeceu Galiza nos anos de presidencia de Fraga na Xunta.

Manuel Fraga non conta co apoio de boa parte da cidadanía como para merecer o recoñecemento social que o Concello de Baiona vai realizar.

Participa da concentración!

sexta-feira, 17 de agosto de 2012

Día de Galicia Mártir


Adicatoria ( do libro " Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda " )

"Nos moitos cimeterios de Galicia, durmen os derradeiros mártires,da Libertade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia.Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do esprito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non pertenece a Historia senon a Tradición en arume de lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próisimo ou lonxano, a bandeira da nosa Redención".

Cervo homenaxea a 62 represaliados polo franquismo cunha placa conmemorativa


El Correo Gallego - Lugo - E.P. - 16.08.2012 
O municipio de Cervo (Lugo) homenaxea hoxe venres en San Cibrao a 63 represaliados do franquismo nun acto organizado polo BNG con motivo da celebración do 'Día dá Galiza Mártir'.

O acto iniciarase ás 20.00 horas, momento no que se descubrirá unha placa conmemorativa. É a terceira vez que o BNG celebra un acto deste tipo. A primeira ocasión foi en 2002, aínda que a placa foi destruída esa noite.

Posteriormente, grazas a unha colecta popular entre veciños, comprou unha de bronce que foi situada nunha vivenda que pertenceu a un dos represaliados. Esta mesma placa é a que este venres instalarase na praza, posto que a vivenda que a albergou ata agora cambiou de propietarios, segundo explicou o portavoz do BNG en Cervo, Xoán Antón Estúa.

Ás 20.30 horas celebrarase unha mesa redonda coa participación do xornalista Javier Rivera e Roberto Pérez Vila, descendente do mestre Roberto Pérez Vila, que foi represaliado político.

Estúa apuntou que se trata dunha cifra moi alta de represaliados nunha parroquia pequena como San Cibrao, "sobre todo tendo en conta que a maior parte dos mariñeiros, polo menos 100, estaban afiliados á CNT, e sufriron unha represión brutal tras o levantamento militar".

terça-feira, 14 de agosto de 2012

Acto de memoria. 10º Cabodano do monolito de Fontes-Alcabre

Monolito da praia de Fontes, Telmo Comesaña y yo,
 en junio de 2011

A Asociación Viguesa pola Memoria Hsitórica do 36
(Viguesa Distinguida 2007)

Convida:

Acto de memoria no 10º Cabodano na inauguración do monolito en lembranza dos asesinados na praia de Fontes e dos fondeados ao carón do Faro de Cabo Mar 
Lugar: Praia de Fontes, Avda de Samíl, ao carón do bar Los Olmos
Día/ Hora: venres, 17, ás 20 horas
Acto íntimo no que faremos un breve repaso polo devalar da memoria ó longo desta década, lembraremos ás vitimas, leerase poésia e faremos a ofrenda floral e remataremos como mellor nos pareza,, sempre unidos arredor da memoria .
A Directiva            

Praia de Fontes-Alcabre 14 agosto 2012  

Homenaxe popular a Moncho Reboiras en Teis, Vigo


Día 14 de agosto ás 20:30h.
 
En Teis (Vigo)
 
Organiza: Adiante Mocidade Revolucionaria Galega
 
Tralo bo recibimento da homenaxe o ano pasado a Moncho Reboiras, este ano, 37 anos despois de que fose asasinado á idade de só 25 anos pola policía franquista, volvemos a honra-la súa memoria ao pé do inferno do estaleiro Vulcano, onde os seus pais asentaran o coñecido Bar Noia, no barrio vigués de Teis, lugar onde viviu a maior parte da súa vida estudando e traballando coa súa familia.

Xosé Ramón Reboiras Noia é un exemplo para nós; na nosa militancia marxista-leninista, na nosa loita por ver á terra liberada, demostrándonos como sendo novo ténse toda a responsabilidade e forza para tentar mudar o sistema.

Como mocidade revolucionaria galega que somos él forma parte do noso ADN.

O acto terá lugar este martes 14 de agosto na praza do Toural en Teis, Vigo ás 20:30h

Porque o seu asasinato non se esquece, Moncho Reboiras, presente!

Viva Galiza Ceibe e Socialista!

segunda-feira, 13 de agosto de 2012

Sábado 18 de agosto: "homenaxe ás vítimas da represión" Agolada, Palas, Melide...


ADEGA e a Asociación Cultural “O Galo” de Compostela, súmanse á homenaxe que xa viñan facendo cada ano outras organizacións.

Honra en memoria das persoas que, por defenderen a xustiza e a liberdade, foron vítimas da represión nos anos da «longa noite de pedra».

O acto está aberto a todas as organizacións que se queiran sumar a esta celebración.

PROGRAMA:
10.15 h.- Lugar de encontro: “O Coto”, situado na estrada de Melide a Palas de Rei (N-547), xusto no límite provincial.

10.30 h.- Comezo do acto en Sá (Palas de Rei), no lugar onde apareceran os corpos sen vida do Sixto Aguirre e Camilo Díaz Valiño.

A continuación iremos cara a Toques, onde homenaxearemos a:

Ramón Rodríguez Varela (O Curuxás)
Marcial Villamor Varela
Delfino Liñeira Fraga (Ferroviario)

14.00 h.- Chegada á Eira onde teremos un xantar de confraternidade.
17.00 h.- Inauguración dun monólito en honra aos “fuxidos”.
19.00 h.- Remate da Actividade.

NOTAS:
Para máis información contacta con Pepe ou Marcial .

Actos homenaxe a Ánxel Casal e ós represaliados no 36


Actividades da Semana Homenaxe de Anxel Casal  e ós represaliados no 36

16 de agosto 22.30 h.
Proxección do filme “Vilamor”
Praza  Braña dos  Alféreces (Cacheiras)
17 agosto 19:00 h.
Actividades infantís – familiares
Praza dos Carballos (Teo)
18 agosto 20:00h.
Concerto da Banda de Música de Calo
Praza Estivada da Ribeira (Cacheiras)
19 de agosto 20:30 h.
Ofrenda Floral e actos de conmemoración adicados a Ánxel Casal
Praza Estivada da Ribeira (Cacheiras)

A Oliveira de Teo

domingo, 12 de agosto de 2012

Concentrac​ión Ponte do Barco (Pedre). Homenaxe vítimas do franquismo en Terra de Montes


Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes
Camiño do Pouso 2
36560 Soutelo de Montes

O vindeiro luns 13 de agosto, como facemos cada ano desde o 2006, acudiremos ás 20 horas á Ponte do Barco en Pedre (Cerdedo) para lembrar e render unha sinceira e sentida homenaxe ás vítimas da represión franquista na Terra de Montes.

Francisco Arca e Secundino Bugallo, asasinados na mañanciña do 13 de agosto de 1936, son para nós a representación das 41 mortes, das 254 persoas represaliadas e dos 35 mozos que perderon a vida no frente republicano, todos eles e elas pertencentes á Terra de Montes.

Ademais de deixar unhas flores no pequeno monumento de pedra que lembra estes terribles feitos, o historiador e membro de Verbo Xido, Dionisio Pereira, falará sobre “Antonio Rodríguez Fraíz e a memoria dos vencidos na Terra de Montes”. Cúmplese este ano o centenario do nacemento do que foi Cronista da Terra de Montes, cofundador do Museo do Pobo Galego, e que, entre outros méritos, ten o de ter sido a primeira persoa en deixar testemuño escrito, aínda antes de morrer o dictador, da represión nesta bisbarra a través das páxinas da Gran Enciclopedia Gallega. Esta será, pois, unha das contribucións que o noso colectivo fará ao devandito centenario.

Agardamos a vosa presenza neste acto en lembranza das vítimas da barbarie.

Lola Varela
Presidenta da Asociación Verbo Xido

domingo, 5 de agosto de 2012

Programaci​ón de actos do Día da Galiza Mártir 2012


A Fundación Alexandre Bóveda fai pública a programación de actos do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir 2012:

• 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO A ALEXANDRE BÓVEDA.
No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán en representación dos concellos vinculados á vida e morte de Alexandre Bóveda:
Silvia Díaz Iglesias (Concelleira de Cultura)
Isabel Pérez (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense)
Miguel A. Lores (Alcalde do Concello de Pontevedra)
Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
Amalia Bóveda (En representación da Familia Bóveda)

• HOMENAXE FLORAL NO MONUMENTO A ALEXANDRE BÓVEDA.
• HIMNO GALEGO INTERPRETADO POLA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE POIO.

• 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO VII PREMIO DIA DE GALIZA MÁRTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA á Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero).
No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.

Información e inscrición na seguinte ligazón e na páxina web da Fundación Alexandre Bóveda.

• 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

• 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA

No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
Presenta en representación da Familia e da Fundación Alexandre Bóveda: Xosé Luís Bóveda
Intervirá: Mini e Mero

• 20:30 ACTO POLÍTICO
- Coas intervencións de Ernesto Vázquez, Valentín G. Bóveda e Francisco Jorquera (Deputado do BNG no congreso dos Deputados)
Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)

El sacerdote Emilio Álvarez Martínez, apodado REISIÑO


Farto de aturar as loubanzas que Alfonso Segovia Lágo fai do "REISIÑO", repugnante persoeiro da época negra de Vigo, mandei esta carta a Faro de Vigo.

Esta carta foi publicada en Faro de vigo o sábado día 4 de agosto do 2012
REISIÑO
Con certa frecuencia, D. Alfonso Segovia Lago difunde nesta sección un glosario das virtudes do cura Emilio Álvarez Martínez como un exemplo de sacerdote: fundador da revista Martín Códax, da cofradía  de nuestro padre Jesús del Silencio, das tres gracias, e de algunhas cousas máis. O mellor cura de Vigo, de Galicia e posiblemente de España.
Alá polos anos 40 e 50, do pasado século, escoitei conversas encol do Reisiño, e non eran loubanzas, non; referíanse a un cura siniestro e malfeitor. Pasados tantos anos, chégame a información do persoeiro nun libro do historiador José Ramón Rodríguez Lágo CRUZADOS O HEREJES. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil da editorial NIGRATREA.
O historiador describe ao Reisiño como eu xa o coñecía daquela, e arestora xa non é un comentario, está documentado.
Ao pé da foto de Emilio Álvarez figura un texto que di: El sacerdote Emilio Álvarez Martínez, apodado REISIÑO, alma mater de la agrupación Martín Códax en la ciudad de Vigo, apoyó decisivamente las medidas represivas llevadas a cabo en la ciudad. (pax.140)
Relata un grupo de curas que en Galicia tuveron participación direta na represión, e sobre REISIÑO di: Entre los más aplicados en extender las dósis del odio se encontraba el sacerdote Emilio Álvarez Martínez, que en Vigo dirigió una escuadra de falangistas encargada de la represión en toda la comarca. Su trayectoria vital es un claro exponente  de la síntesis entre mentalidad integrista y violencia fascista. (pax. 139)
A información deste siniestro cura, que xa coñeciamos e mais, queda confirmada ahora neste libro.            

Telmo Comesaña Pampillón