O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 13 de janeiro de 2013

O TSXG avala a retirada das distincións a Juan Canalejo na Coruña

Redacción Praza Pública 9/1/13
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala nunha nova sentenza a retirada das honras, as distincións e a rúa dedicadas a varios falanxistas na cidade da Coruña, unha decisión que tomara o antigo goberno municipal bipartito, segundo aclara o grupo municipal do BNG da Coruña nun comunicado.

A Xustiza confirma a validez da retirada de distincións a este falanxista

Así, nunha nova sentenza, de novembro de 2012, o alto tribunal confirma a validez da retirada da distinción -e polo tanto da rúa- a Juan Canalejo, destacado falanxista represor e que ata hai poucos anos tamén lle daba nome ao hospital, agora Chuac, tal e como vén de destacar o BNG, que amosa a súa "satisfacción", pero pide "prudencia" ante os casos aínda pendentes. Con esta xa son tres os ditames do TSXG que amparan a decisión municipal de retirar as honras e distincións a militares, falanxistas e persoas ás que o réxime franquista decidiu conmemorar e en aplicación da Lei da Memoria Histórica, malia o recurso da familia.

Con esta nova sentenza enténdese que se avala a retirada das honras a Juan Canalejo, pero queda pendente a retirada da estatua ao fundador da Lexión, Millán Astray, un caso que aínda espera resolución despois de que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) recorrese a sentenza que obriga ao Concello a repoñer a Millán Astray a condición de fillo predilecto da cidade.

No seu auto, o xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, asegura que non pode aplicarse a este caso a lei de Memoria Histórica xa que o nomeamento aprobouse nun pleno municipal de agosto de 1922, catorce anos antes da sublevación militar que provocou, en xullo de 1936, a Guerra Civil española.

A xurisprudencia do TSXG sobre a aplicación retroactiva da lei semella indicar que o recurso da CRMH pode ser aceptado.

En canto a Juan Canalejo, queda pendente a eliminación da rúa -que agora deberá cambiar de denominación- á que aínda dá nome no centro da cidade. Este falanxista antigo tenente de Intendencia estivo sempre moi achegado a Primo de Rivera. Un informe da comisión de expertos permitiu que o Concello da Coruña lle retirase os títulos honoríficos de fillo predilecto e concelleiro honorario, pero a familia rexeitou esta medida, xa que entendía que non participara no golpe de estado fascista.

O TSXG emitiu un ditame en contra do recurso que pretendía rehabilitar a Canalejo, detido en Madrid en 1936 e fusilado en Paracuellos sen xuízo previo. Malia haber poucas referencias históricas á súa figura, as que hai destácano como un dos principais organizadores da Falange na Coruña e famoso polas súas accións violentas xa durante a época da República. De feito, contan as crónicas que era famoso por facer tragar gasolina ás súas vítimas, que adoitaban ser obreiros membros de sindicatos, labregos ou mariñeiros, que sufrían malleiras e eran abandonadas na rúa polos violentos que el mesmo dirixía. Foi detido en varias ocasións antes do golpe de Estado e asasinado violentamente en Paracuellos xunto a milleiros de militantes fascistas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário