O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 20 de março de 2013

CC.OO. rememora a histórica folga de 1972

Waldino Varela, Amelia Pérez e Carlos Barros nun momento do acto
 Xoán C. Gil
O paro marcou un fito no movemento obreiro de Galicia

La Voz de Galicia - Vigo - S. Antón - 16 de marzo de 2013
Con medio ano de atraso, Comisións Obreiras conmemorou onte a folga xeral do 72. Aquel mes de setembro supuxo un fito no movemento obreiro de Galicia. Amelia Pérez, secretaria comarcal do sindicato explicou que o acto, que contou coa presenza dalgún dos protagonistas principais daquel paro, máis que unha mirada ao uso a través do retrovisor, o que buscaba era ligar aqueles acontecementos á actualidade. Entende que, salvando diferenzas non menores -«naquel momento viviamos en plena ditadura e agora facémolo en democracia»-, hai moitas similitudes, especialmente na perda de dereitos e o retroceso en cuestións laborais.

Ante un auditorio abarrotado Waldino Varela, sindicalista histórico de Vulcano, e Carlos Barros, profesor universitario e membro do PCE -ambos moi activos na organización da folga do 72-, recordaron aquel escenario comparándoo co actual. Entón foron determinantes as reivindicacións do persoal de Citroën, ás que se sumou o resto da industria da cidade aglutinados ao redor das recentemente nadas Comisións Obreiras. Agora, coincidiron os asistentes, as redes sociais están xerando un caldo de cultivo parecido con movementos como o 15-M. E outro analogismo: aquel 1972 o persoal de Barreiras foi obrigada a tomar vacacións na primavera por falta de traballo. Os clientes non estaban conformes coa calidade da chapa.

Nenhum comentário:

Postar um comentário