O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 12 de abril de 2013

A proclamación da República en Cangas



O barco de pasaxe Alegria
Como resultado do clamoroso triunfo do republicanismo nas cidades nestas eleccións municipais, derreou a monarquía, o Rei fuxiu de España e o 14 de abril proclamouse a  II República entre a máis fermosa e masiva ledicia. Era tal e tan mestra a presión das masas nas rúas que en Madrid non podía nin tan sequera mobilizarse a garda civil, nin a tropa estaba disposta a acatar ordes de actuar para soster o descomposto réxime monárquico. En Cangas, o martes 14.IV.1931, día da proclamación da II República Española ( EPG, 21.IV.1931, p. 11, “Cangas”) pola tarde, no último vapor ( o Alegría)

  “ Viña de Vigo don Francisco Eiroa e don Lorenzo Corbacho coa bandeira tricolor enarborada no mastro do barco, e as pitadas da sirena congregouse no molle unha inmensa multitude entre a que se atopaba a Xunta do Centro Republicano: os seus membros, en unión dos citados señores, puxéronse á fronte dunha manifestación que percorreron as rúas e cantando a Marsellesa e a Internacional.Ó chegaren á casa do Concello, o señor Eiroa Graña, en unión dos concelleiros de esquerda e Centro Republicano, pediu ó ultimo alcalde da  monarquía, señor Gandara, que lle fora entregados os poderes en nome da nacente República, ó que accedeu este último e acto seguido o señor Eiroa constituíu, baixo a súa presidencia, un comité que actuou no mesmo instante, acordando declarar o mércores festa local. O mércores ás doce do día organizouse outra manifestación que, partindo da Casa do Pobo e con a bandeira da Alianza Mariñeira levada polo seu presidente don Manuel Nores recorreu as rúas ata chegar á Casa do Concello, poñendo onda bandeira republicana a da Alianza Mariñeira  e dirixindo a palabra ó público o señor Nores, As catro da tarde chegou o delegado do señor gobernador civil da República e procedeuse á formación dun Concello intregado polos conselleiros de esquerda”.

   O 15 de abril, o alcalde insta ós mestres de Cangas “ para festexar-la proclamación da República en España. Rogo a V. suspenda no día de hoxe as clases, facendo entrega inmediatamente nesta alcaldía dous retratos dos reis e a bandeira que ten ese centro escolar”, e o mesmo día pídellos tamén ás autoridades municipais.

   Entre os primeiros pasos do goberno municipal está a solicitude de revisión do cumprimento da legalidade polo goberno municipal da ditadura ( EPG, 26.IV.1931, “Cangas”). Na sesión do domingo 26 (EPG, 28.IV.1931, p.11, “Cangas”) tomáronse acordos de tipo simbólicos como cambiar os nomes de certas rúas: en frase de Eiroa: “ Ante o clamor popular caen partidas a marteladas marmóreas placas coas que na Ditadura os de abaixo se adicaban a incesar ós arriba”, por iniciativa de Lorenzo Corbacho ponse o retrato de Pablo Iglesias no salón de sesións e máis a participación do Concello no primeiro de maio. Tamén se interesan na anovación do control das rutinas: a Audiencia Territorial nomea xuíces e fiscais municipais, e no centro republicano celébrase unha ampla reunión “ que protesta contra a elección dalgúns dos mencionados señores” ( o xuíz municipal, Agustín Jorge, é republicano, pero non así algúns outros ) . As reestruturacións nos poderes locais provocan tamén razoamentos
 
Historia de Cangas 1900-1936
Iago Santos Castroviejo- Antonio Nores Soliño
Francisco Eiroa Graña

Nenhum comentário:

Postar um comentário