O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 23 de abril de 2013

Entre a República pasada e a futura

Antonio Nores no acto do 2011
Cangas lembrou a experiencia republicana dos anos 30 esixindo a superación da monarquía

Faro de Vigo 14.04.2013 
Hoxe celébrase o Día da República en Cangas, fiel á súa cita, a asociación memoria histórica 28 de Agosto conmemora a data cunha concentración na praza do Concello seguida dun acto cultural en lembranza dos feitos ocorridos en 1931. No acto darase lectura a un manifesto asinado por Iniciativa Galega pola memoria que pide un cambio de réxime, para construir un futuro republicano que poida dar saída a moitas das aspiracións dos cidadáns. O evento, que arrinca ás 13.00 horas, concluirá coa celebración dun xantar de confraternidade.

A Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto organiza hoxe en Cangas os tradicionais actos para conmemorar a II República así como para lembrar como se sentiu esta experiencia democrática dos anos 30 na vila canguesa. Aínda que o acto amósase máis actual ca nunca, xa que aproveitando o descenso de popularidade que vive a institución monárquica e os continuos escándalos que salpican á familia real, os que participen na concentración pedirán abertamente a construcción dun futuro colectivo republicano.

Os actos comezan ás 13.00 horas cunha concentración na praza do Concello á que están convidados todos os veciños e continúa cun apartado adicado á música e a palabra. Tras unha ofrenda floral aos mortos durante a Guerra Civil por defenderen ideas democráticas, darase lectura á proclama republicana lida o propio 14 de abril de 1931 por Niceto Alcalá-Zamora.

A lectura dun manifesto asinado por Iniciativa Galega pola Memoria e que ten por título "Fronte a unha monarquía caduca, construamos un futuro republicano", porá fin á actividade diante do Concello. Os actos rematarán cun xantar de confraternidade republicana.

Os feitos ocorridos o 14 de abril do 31 en Cangas e que remataron coa proclamación de Francisco Eiroa Graña como alcalde, tamén serán lembrados no acto.

Nota da Estación Atlántica: O día 15 de abril fun informada de que un dos textos elixidos de forma expontánea para ser leido durante os actos en Cangas foi a publicación sobre o 14 de abril publicada na Estación Mediterránea, desde aqui quero agradecerlle a Antonio Nores que lea as miñas publicacións e que haxa ter interese en dar a coñecer esta sinxela apunta:

MJBarreiroLG en RadioBCN Estación Mediterránea ABF 14/4/2013
Hoxe esta data adquire unha especial relevancia, grazas ao esforzo e constancia de todos, si séntese máis preto, menos utópica; o republicanismo vai calando fondo entre máis xente, chegou a persoas que ata aquel mítico e histórico 15M rexeitaban que a primeira proposta das propostas máis urxentes é botar á familia borbón. Esa familia que está empeñada en subxugarnos e facernos os seus súbditos cales plebeyos na máis escura das idades medias. Por fin o debate é máis publico, esta máis estendido... este ano as celebracións seguiron crecendo por toda a geografia da península...

Apesar do expolio fascista sufrido desde o golpe de estado militar de 1936 apoiado pola igrexa católica ata os nosos días, apesar desa restauración borbonica imposta polo genocida autoproclamado generalisimo de todos os ejercitos, e "consensuado" ás costas do pobo polos pactos da moncloa; malia todo iso, podemos volver retomar as nosas vidas e a nosa história e que se vaian do mellor xeito posible para pechar as portas a absurdas nostalxias de contos medievais, que se vaian e devolvan o que é do pobo... dificil petición...pero que se vaian por onde viñeron... que recorden eles e os seus descendientes que o pobo non os han traido... ¡ese xuramento aos principios do glorioso movemento nazional! nas nosas memorias...

Desexando que se volva facer realidade a frase de Valle Inclán tan enche de razón e cunha actualidade que oxalá sexa outra vez unha premonición: "Os españois botaron ao último dos borbóns, non por rei senón por ladrón".

Detrás dos borbóns irase tamén outra lacra social, os privilexios da igrexa católica ...

Co desexo de que hoxe sexa o comezo do seu fin... 

Feliz 14 de abril!!

Nenhum comentário:

Postar um comentário