O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 22 de agosto de 2013

O alcalde galego que xustificou os crimes franquistas mantense no cargo grazas ao apoio do PP

O alcalde de Baralla Manuel González Capón  saúda brazo no alto aos veciños esta mañá fronte ao Concello. / Efe
Traducción Estación Atlántica
O regidor de Baralla (Lugo), Manuel González Capón, afirmou que os condenados a matar durante o franquismo "merecíanllo"


Saír gratis. A maioría absoluta que o PP ostenta no Concello de Baralla -oito edís fronte a dous do BNG e un do PSdeG- serviulle ao alcalde, Manuel González Capón, para evitar sen problema algún ter que dimitir pola súa xustificación dos crimes do franquismo. Durante o pleno municipal do 26 de xullo o regidor conservador espetoulle á oposición que as persoas asasinadas na ditadura "merecíanllo". Agora, a medio camiño entre o político e o relixioso, asegura que pide "perdón" e segue adiante.

A sesión plenaria deste xoves na localidade da montaña lucense foi calquera cousa menos común. Unhas cen acodes responderon á convocatoria do BNG e da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica para, no exterior do consistorio -e algúns dentro- rexeitar a xustificación do "fascismo" e esixir a marcha de González Capón. No interior da casa do Concello á chea de xornalistas sumáronse os incondicionales do alcalde -entre eles, un sacerdote uniformado- que, chegados da localidade e tamén de fóra dela, non dubidaron en elogiarlo a berros, os mesmos que empregaron para increpar a quen protestaba: "¡fóra, comunistas!", escoitaron algúns dos presentes.

Neste contexto, e con axentes da Garda Civil velando por que non se pasase das palabras ás mans, González Capón leu un comunicado no que reflexionou sobre que "errar é de humanos e de sabios rectificar". O que dixo foi "unha imprudencia" e, en todo caso, na súa "longa traxectoria política" -ostenta o bastón de mando desde 1987- son máis importantes "as palabras que os feitos", asegura. Ademais, di, socialistas e nacionalistas botaron man da "demagoxia" nos últimos días. A el nunca se lle puido achacar unha conduta "antidemocrática".

"Non pode seguir un minuto máis"
A xuízo da oposición "un político que fai unha afirmación desta gravidade" non pode "permanecer no sillón da alcaldía nin un minuto máis", sinala Xosé Manuel Becerra, portavoz do BNG. Interrompido por partidarios do alcalde o edil do Bloque non cre que se deba resolver o asunto cualificando as palabras do conservador como "desafortunadas" porque son "unha barbaridade" e as "escusas", só "unha farsa". "A frase foi clara e escueta" e o que debe facer, conclúe, é marcharse.

Tamén o PSdeG considera "intolerable" o sucedido, cun alcalde "franquista" que agora ten tamén concelleiros franquistas por apoialo, di Manuel Antonio Pérez, para quen "a democracia non pode contar con fascistas camuflados". Trala sesión, na que González Capón mandou expulsar ás persoas que mostraban fotografías de Alexandre Bóveda, histórico galeguista asasinado en 1936, o alcalde deuse un baño de multitudes para, brazo no alto, saudar a quen acudira a berrar "viva o alcalde". Segundo os socialistas, o alcalde aproveitou a conxuntura para invitar aos presentes a coñecer o Concello. "González Capón fixo turismo franquista", lamentan.

Nenhum comentário:

Postar um comentário