O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 7 de agosto de 2013

Piden a retirada dun mausoleo franquista en Pereiró

O capitán que proclamou o estado de guerra en Vigo

Nova Esquerda Galega reclama a desaparición do monumento funerario do Capitán Carrero
Nova Esquerda Galega reiterou ao goberno municipal que traslade o monumento funerario do Capitán Carrero, situado nun dos lugares máis destacados do cemiterio de Pereiró.

O portavoz da agrupación, Lois Pérez leira, recorda que este captán foi quen proclamou a Lei Marcial o 20 de xullo de 1936 en Pórta do Sol e foi o xefe do pelotón que fusilou ao alcalde democrático Martínez Garrido e a varios centos de veciños. Tras a súa morte, os simpatizantes da Falanxe decidiron construír un mausoleo onde o enterraron xunto con outros dous falanxistas mortos en combate.

Este mausoleo está situado á dereita da entrada ao cemiterio, nunha das zonas máis importantes deste lugar, dentro de terreos públicos. Por este motivo, Nova Esquerda Galega, solicita ao alcalde que cumpra coa Lei de Memoria Histórica e que ditos restos mortais sexan entregados aos seus familiares ou depositados nun cemiterio común e que dito espazo sexa utilizado para honrar a vigueses que deron a súa vida pola democracia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário