O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 20 de agosto de 2013

Ribadeo homenaxeou ás vítimas do franquismo cunha concentración

Os participantes, no Cantón dos Moreno. (Foto: Antonio López)

19/08/2013 - El Progreso (Ribadeo)
Ao redor de 300 mariñáns participaron onte no acto convocado en recordo das vítimas do franquismo, que tivo lugar ao mediodía no Cantón dos Moreno, en Ribadeo, para conmemorar o día da Galicia Mártir, que leva a cabo o Bloque Nacionalista Galego, polo que entre os asistentes había un bo número de militantes desta formación política.

O acto arrincou coas intervencións políticas de Marcos Loureiro, Ana Ermida e Fernando Suárez, O responsable local do BNG ribadense enumerou un a unha o nome dos 152 ribadenses represaliados, aos que se referiu como «os homes e mulleres da dignidade, que foron asasinados ou padeceron a represión por defender a causa da democracia e das liberdades republicanas», sinalou Loureiro, quen asegurou a continuación que «é hora de mudar a historia».

Nenhum comentário:

Postar um comentário