O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 30 de janeiro de 2014

O presidente da Diputación de Lugo reivindica ante un relator da ONU que o Goberno aplique a lei de memoria

Pablo de Greiff, con José Ramón Gómez Besteiro (Foto: DPL)
O presidente da Diputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, transmitiulle este mércores a un relator da ONU a súa preocupación pola 'falta de aplicación da Lei da Memoria Histórica en España e Galicia por parte dos gobernos estatal e autonómico'.
 Así o trasladou durante unha entrevista que mantivo no Pazo Provincial co colombiano Pablo de Greiff, que é o relator especial de Nacións Unidas para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
Besteiro expresou a súa preocupación, recordando que a Lei de Memoria Histórica de 2007 'puxo as primeiras bases para a dignificación e reparación das vítimas' e como foi acollida con 'satisfacción' polo Comité de Dereitos Humanos da ONU.
Na mesma liña, destacou que 'o Goberno autonómico e estatal incumplieron a lei desde a chegada do goberno, retirándolle por completo o financiamento e o abandono ás vítimas e ás súas familias'.
Neste encontro, Besteiro tamén lle transmitiu a Greiff a súa preocupación pola situación de Galicia e explicoulle que coa chegada de presidente Alberto Núñez Feijóo en 2009 o Goberno autonómico retirou calquera iniciativa de recuperación de memoria histórica.
Tamén lle suscitou que 'se tipifique como delito no Código Penal a apología do franquismo e calquera manifestación lesiva contra a dignidade das vítimas, tal e como aprobou a Diputación de Lugo e como sucede noutros países nos que exhibición de símbolos fascistas é delito', segundo ha demandado.

Nenhum comentário:

Postar um comentário