O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 25 de fevereiro de 2014

Nace un colectivo en Vilaboa para estudar a represión franquista e recoñecer ás súas vítimas

Os primeiros integrantes de "A Regaduxa". // Gustavo Santos
Traducción Estación Atlántica
Organizan unha primeira homenaxe aos represaliados e perseguidos - Prevén erigir un monumento
 
Domingo 16 de marzo ás 18.30 horas, na canteira de Paredes.

Faro de Vigo - F.M. Vilaboa - 25.02.2014
Un grupo de veciños constituíu onte "A Regaduxa. Memoria histórica de Vilaboa". O novo colectivo ten como finalidade o estudo da represión franquista no municipio, o coñecemento das diferentes formas de violencia e dos lugares da represión e a organización de actos de recoñecemento e homenaxe ás vítimas.

Precisamente a primeira actividade de "A Regaduxa" será unha homenaxe ás vítimas da represión franquista en Vilaboa, que terá lugar o domingo 16 de marzo ás 18.30 horas, na canteira de Paredes.
O colectivo está formado por veciños de diferentes parroquias de Vilaboa. Os seus primeiros integrantes son Pepe Cáccamo, Tareixa Carro, Tomás Boullosa, Ornela Fernández, Carlos Fontes, Carlos Ríos, Carlos Núñez, Luís Bará e Angel Ricón.

Anunciaron que as súas liñas de traballo concretaranse en facer un traballo por parroquias, recompilado a memoria oral e investigando nos arquivos, para elaborar un informe da memoria democrática e do terror franquista en Vilaboa. O punto de partida é o listado de "Nomes e voces" (www.nomesevoces.net), que no caso de Paredes xa ampliaron cunhas 15 persoas máis.

O obxectivo do arquivo, avanzaron, é documentar as tipologías da represión e nomes das vítimas: persoas asasinadas, encarceladas, represión física e psicolóxica (castigos, malleiras, vexacións, violacións, mulleres rapadas...), represión económica (multas, incautaciones, depuraciones) e exilio.

Tamén darán a coñecer os lugares da memoria da represión franquista en Vilaboa, prevén organizar actos por parroquias de carácter xeral e, finalmente, erigir un monumento "a xeito de memorial democrático e de recordo" das persoas asasinadas e perseguidas polo franquismo neste municipio.

Nenhum comentário:

Postar um comentário