O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 21 de abril de 2014

A memoria adormentada de Betanzos

Homenaxe, o pasado sábado, ás vítimas da Guerra Civil da asociación Eira Vella. 
Foto Victor Echave
Traducción Estación Atlántica
O Concello encara a recta final do mandato sen acordar as honras que debe retirar para cumprir a lei - A cidade que atesoura a bandeira da II República mantén a Franco de Fillo Adoptivo
 
La Opinión A Coruña - Antares Pérez - Betanzos 15.04.2014
Na recta final da legislatura, o Concello de Betanzos, gobernado polo PSOE, sopesa aínda que honras públicas procede retirar para cumprir a lei de memoria histórica aprobada fai máis dun lustro. O Executivo local presentou unha proposta que encabeza Francisco Franco, aínda hoxe Fillo Adoptivo e Medalla de Ouro, e inclúe a outras oito acodes afines á ditadura.

A proposición deixa fóra a unha ducia dos políticos e mandos militares vinculados ao franquismo que detallaba o historiador e vicepresidente da Asociación Cultural Eira Vella , Xesús Torres Regueiro, no informe solicitado polo Concello. O seu é un dos tres estudos que encargou o Concello. Os outros dous, realizados respectivamente polo arquiveiro, Alfredo Erias, e o cronista oficial José Raimundo Núñez-Varela, arroxan conclusións contradictorias.

A falta de consenso político e local sobre a retirada dos honores públicos propiciou unha situación máis que anómala na cidade que atesoura con orgullo a bandeira do goberno da II República no exilio: Que as súas honras convivan coas do dictador pese a gobernar o Concello o mesmo partido que aprobou fai un lustro a lei de memoria histórica. O Executivo prefire non poñer aínda data á retirada dos honores. Mantén que a súa proposta está "aberta" ás suxestións de todos os grupos da Corporación. De momento, o único en pronunciarse en contra foi o BNG, que xa avanzou que presentará un voto particular para que se retiren os honores a todas as persoas vinculadas á ditadura.

A proposta que suscita agora o PSOE pasa por retirar os honores a Francisco Franco, Fernando Fuentes Villavicencio (Xefe da Casa Franco), Ramón Ferreiro Rodríguez (fundador da Falange en Jaén), José Antonio Girón de Velasco (ministro de Traballo de 1941 a 1957), Blas Pérez González (ministro de Gobernación e dirixente da Falange), Carlos María Rodríguez de Valcárcel (dirixente falangista e procurador nas cortes franquistas nas sete primeiras legislaturas), Ramón Laporta Girón (comisario nacional de paro, procurador nas cortes franquistas, etc.), José Solís Ruiz (coñecido co alcumo "La sonrisa del Régimen") e Julio Pérez Salas (comandante participou na conspiración militar en Navarra co xeneral Mola).

O BNG denuncia que a proposta deixa fóra a "unha ducia de franquistas", entre eles algúns que foron borrados dos callejeros noutras localidades de España, como Constantino Lobo Montero (gobernador militar da Coruña).

Nenhum comentário:

Postar um comentário