O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 4 de maio de 2014

«No 1936, só un oficial votou contra unha pena de morte en Ferrol»

Mención de Manuel Barreiro en la 2ª parte: Consejos de guerra de La Armada
O historiador di que son os netos hoxe os que reivindican a memoria dos seus avós
Xosé Manuel Suárez (Cedeira, 1958), profesor e historiador, acaba de sacar en papel Crónica negra de la Marina Española (Ed. La Central Librera, 15 euros 100 pax.) que xa aparecera en edición dixital. Recolle un relato ameno do acontecido en Ferrol do 18 ao 22 de xullo de 1936. E tamén fala da represión que veu despois, tema do que é especialista, materia da sua tese doctoral e motivo dos seus libros anteriores. Detense na guerra no Cantábrico e os apresamentos de buques mercantes, que logo acaban en Ferrol, outro tema do que é bon coñecedor.

ADVERTISEMENT
-¿Por qué o título historia negra?
-Porque sempre se fala da responsabilidade dos militares alzados, en xeral, pero non do caso concreto da Mariña, que foi clave en Ferrol, e tamén na represión. Dos cen sumarios que estudiéi, en nada máis que un hai un voto particular contra a pena de morte. E é do oficial Sánchez Barcáiztegui, da familia do personaxe histórico, que di que non vota a pena de morte porque non está disposto a tal condena sen probas. O resto son xuizos sumarísimos de aplicación rigorosa do Código Penal da Mariña de Guerra. A Mariña alentou e favoreceu aquel clima que veu despois do 18 de xullo, de fusilamentos, paseos e torturas. Logo, moitos dos líderes alzados en Ferrol formaron parte da camarilla de Franco, como os Moreno, Camilo Alonso Vega, Suánzes o garda civil...

-A Mariña tamén foi clave na victoria dos alzados en Ferrol.
-Sí. O Goberno da República mandou para o Estreito os mellores barcos que estaban en Ferrol, para cortalle o paso a Franco. Aquí quedou só o Cervera, que estaba no dique e non o diron sacado á ría. Se o conseguiran, as tropas do Exército que tomaron o Concello, que estaba no Cantón, podían ser bombardeadas.

-Case que 80 anos despois, ¿a Guerra Civil segue presente?
-Claro, nos netos. Eu o vexo nos actos e conferencias nos que participo. E se non se lle da o tratamento e recoñecemento adecuados, serán os bisnetos.

-¿Trátase hoxe nas escolas?
-Eu fixen unha unidade didáctica que si, está nos temas de estudio, pero queda no final.

Nenhum comentário:

Postar um comentário