O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 3 de maio de 2014

O primeiro exhumado e identificado en Galicia, o pai de Darío Rivas


Traducción Estación Atlántica 
Fragmento do artigo "Darío Rivas, o home que venceu a Franco"
Texto: Débora Campos (Buenos Aires)
Fotografías: Romina Franceschin (Buenos Aires)

Despediuse do seu pai aos nove anos, desde o barco que o levou a Bos Aires. Fíxoo de novo aos dezasete, cando lle avisaron por carta de que fora asasinado por falangistas en Portomarín, en Lugo, pola súa actuación como alcalde de Castro de Rei en favor dos desposeídos. E aínda se despediu outra vez del en 2005 cando conseguiu exhumar o seu corpo da fosa común na que fora sepultado. A historia deste galego residente na Arxentina deu inicio ao histórico proceso xudicial que está investigando os crimes do franquismo entre 1936 e 1977 e sobre o que xa se pronunciou ata a Organización das Nacións Unidas.

Público 2/5/14
Moito falou Darío Rivas sobre o seu pai, Severino Rivas Barja, alcalde de Castro de Rei, fusilado nunha cuneta a poucos meses do alzamiento, o 29 de outubro de 1936. Tanto contou sobre este galego que 68 anos logo do seu asasinato transformouse no primeiro exhumado e identificado en Galicia, que agora se enfronta ao problema de ter que axustar as historias publicadas, repetidas e encomiadas ao seu recordo.

"Din que o meu pai era socialista. Pero non. Non me acordo de que participase en mítines nin en cousas da política", quere corrixir o fillo, que escapa dos intereses partidarios como da peste. A confusión talvez podería deberse ao feito de que o señor Severino era un home bo e xeneroso. Aínda se repiten as historias en Castro de Rei sobre como recuperaba as terras sen dono "ou cun dono que non as atendía" e asignáballas aos desposeídos para que puidesen traballar nelas as sementes que el mesmo lles conseguía.

Non llo contaron. Darío viviuno: "Na miña casa, a matanza facíase para os nosos e para o resto. O meu pai mandábanos aos máis pequenos levar paquetes de carne ás persoas máis pobres da aldea. ¡E cuidadito con aceptarlles nin unha peseta!", advertíanos.

O señor Severino non é que fose rico, pero había ter a intelixencia necesaria para sacar provecho das oportunidades. Traballaba as súas terras, arrendar outras que tamén explotaba e administraba as dos señores da zona. Cando tivo a oportunidade, tamén se fixo cuns carballos que logo cortaba para facer travesas para o tren, que vendía convenientemente.

"Aínda me sorprende que fose quen de conseguir tanto, sendo como era fillo de solteira", recoñece 0 súeu vástago, que tamén se pregunta agora si o seu pai sabía sequera ler e escribir. "Algo sabería, claro. Pero eu recordo perfectamente que, en casa, mandáballe a alguén que lese o xornal. Eu penso que sabía o mínimo", apunta.

Con o sen formación, o señor Severino Rivas era, está claro, un lúcido intérprete da realidade europea e española dos anos 20 e 30. Presaxiaba un futuro difícil para o seu prole. Un futuro que, desde logo, era fillo do pasado recente: xa mandara a un fillo á guerra e non estaba disposto a mandar a outros. 

Pouco había para eles na aldea: décadas de reverencias ante a terra para ser tanto ou máis pobres aínda. Non, os seus fillos terían mellor destino na emigración.

Aos nove anos, o meu pai decidiu que me fose. Mandoume a Bos Aires, onde xa vivía unha das miñas irmás e onde, cos anos, virían outros cinco máis. Aínda recordo a lancha que nos levou na Coruña ata o barco que agardaba no mesmo centro do mar. A xente, que subía por unha escalerita de nada, se mareaba muchísimo co movemento daquela mole, pero como eu era un neno non me decataba de nada. Darío sorrí desde a súa mirada de neno espabilado fronte a aqueles adultos tristes e asustados.

Conta que case non pisou o camarote. O pai meteulle algo de diñeiro no peto e o resto entregoullo a un paisano que traballaba no transatlántico para que lle botase un ollo ao neno durante a travesía. Non sabe si o home cumpriu, porque pasou as noites durmindo baixo as estrelas e os días comendo chocolate e canto doce compraran aqueles diñeiros.

Pero os días de liberdade duraron pouco e, cando se deu conta, xa estaba en Villa Ballester, na periferia noroeste de Bos Aires, alistándose a unha experiencia nova: ir á escola todos os días.

A primeira semana de clase, un rapaz chamoume gayego con desprezo e levouse uns cantos golpes. Eu non sabía que se podía pegar na escola, pero outro neno alentoume e penso que o burlón non se volveu a meter comigo", di, e as fotos que saca dun cartafol aínda o retratan alto e forte na coda da infancia.

Ao mes xa non falaba galego e, como tantos e tantos, foi un alumno esmerado que recorda e presume dunha lección de Historia de México que lle valeu, di, un 10 para o resto do ano por parte da señorita de sexto grado. "Sempre me gustou moito aprender e descubrir", apunta. E a vida dálle a razón.

Darío Rivas fixo os dous primeiros anos de escola a un tempo e logo avanzou como o resto ata terminar os estudos básicos. Como tantos nenos por entón, tamén axudaba na tenda do seu tío sastre: "Ordenaba as cousas o varría o lugar movendo a escoba por unha banda e logo polo outro para que se gastase sen desniveles", recorda.

Mentres o neno crecía en Villa Ballester e aterraba no mundo do traballo sen escalas, o prestixio e o respecto do seu pai tamén crecía entre os veciños de Castro de Rei. "Logo da escola fun a traballar de encargado na panadería que uno dos meus irmáns tiña en Chascomús [a 123 quilómetros da cidade de Bos Aires]", adianta.

Aínda era un neno, pero traballaba como os adultos. Tanto é así que un home que o coñecía ofreceulle un negocio: ser socios nun negocio de apicultura. O home poñía o diñeiro e Darío, o traballo.

-¿E vostede que entendía de abejas?

-Nada, ¡que ía saber! Pero comprei uns libros, linos e descubrino todo. O resto ensinoumo aquel home e alí estabamos, con decenas de colmeas producindo.

Das colmeas pasou, de regreso a Bos Aires, a unha confitería que comprou coa súa irmá a medias na avenida Córdoba con Uruguay, no centro da cidade; e como o día tiña moitas horas, tamén facía vendas para unha empresa inglesa; e administraba unha pequena empresa de construción que fundara con dous curmáns profesionais: "Eles tiñan estudos, pero o encargado era o galego", di. Cando o día terminaba, Darío íase a beber café cos republicanos que se daban ánimos uns a outros nos bares da avenida de Maio. "Liamos o xornal Crítica porque dicía que a República ía gañando a guerra. Pero non era verdade", recoñece.

Poucos anos antes, o prestixio que se labrou o seu pai entre os veciños da aldea levárono a converterse en alcalde de Castro de Rei. "Unha das primeiras medidas foi traer a un mestre e montar na nosa casa unha escola para os nenos", repite o fillo. Tal audacia, entre outras, non pasou inadvertida e foron buscalo semanas despois do alzamiento de xullo de 1936. Severino Rivas foi apresado no Hotel España de Lugo e, aínda que tiveron que liberalo, a segunda vez non deixaron sitio para as dúbidas: foi asasinado o 29 de outubro de 1936 de cinco tiros xunto á capela de Cortapezas, en Portomarín, xunto a un republicano.

"Deixáronos nas cunetas moitas horas, ao coidado dun mozo de 17 anos, para que a xente escarmentara e logo mandaron aos meus irmáns para enterralo nunha fosa común", desvela o fillo. Os falangistas acusaron ao exalcalde de "traizón á patria", porque o mal, ademais, sempre sabe ser moi bruto.

O medo sementado pronto deu froitos amargos. Darío Rivas decatouse da morte do pai por carta. Tiña 17 anos. Tamén soubo que había moitas máis palabras caladas que ditas nesa historia. "E decidín que eu, a España, non volvía nunca máis na vida", di.

Pero volveu. Case sen querelo. En 1952, a súa esposa, Clotilde, pediulle visitar a unha tía que tamén deixara en Galicia. E foron. "Ao chegar sentín curiosidade e fun alá, á aldea", recorda. Conta que fixo preguntas que ninguén lle respondía ou sobre as que lle daban razóns dubidosas, confusas. Pero Darío non é un home que se contente con evasivas.

No que todos coincidían naquel ano de 1952 era no recoñecemento a Don Severino. "Os veciños querían facerlle homenaxes e ata que unha rúa do pobo levase o seu nome. Pero para que iso fose posible había que documentarse", e Darío se documentó. Moito máis do que imaxinaban os funcionarios franquistas que lle pedían probas da valía do seu pai.

Orde de fusilamiento "por comunista"
Coa axuda duns e doutros, ao longo de varias décadas, o fillo foi conseguindo todos os papeis necesarios para probar o asasinato do seu pai. Ata ten o arquivo da súa detención no cárcere de Lugo e a orde de fusilamiento "por comunista" asinada polos mandos militares da rexión. Só quedaba por descubrir onde estaba o corpo, porque el non se tragaba a mentira de que o sepultaron nun cemiterio que quedou baixo as augas do embalse de Portomarín.

"Moito preguntei, pero os meus irmáns leváronse o segredo á tumba e ninguén me daba a razón", di e anuncia o momento que aínda o emociona do relato. Contouno ducias de veces e vólveo a contar agora, neste anochecer bonaerense no que fai unha calor impúdico. "En 2004 participei nunha homenaxe ao meu pai. Foi un acto moi especial e quixen pechalo visitando Portomarín".

Non había sepultura, pero alí era onde asasinaran ao seu pai, de modo que alá foi Darío. A achegarse á súa memoria, a sentir que estaban xuntos. "Entramos nunha tenda de souvenirs e, mentres a miña sobrina compraba, a propietaria preguntoume si eu era turista. Pensei que me quería cobrar os chismes eses máis caros, e entón expliqueille que era de Castro de Rei", recorda e chancea.

Por dicir algo, a muller falou duns homes que vira asasinados no 36 que eran daquela aldea. Falou do gabán que vestía un deles e de que os rumores dicían que era alguén de importancia. Case sen aire, Darío recordou o gabán que lle enviaron de agasallo ao seu pai desde Bos Aires e pediulle máis detalles. "Quen coñece ben esta historia é o carniceiro", engadiu a señora.

Darío Rivas saíu correndo da tenda. "Matáronos contra a capela de Cortapezas. Pero quen coñece ben esta historia é o vello que vive á beira da igrexa", engadiu o carnicero.

Correr e correr. O velliño confirmou non só a morte senón tamén que foran sepultados alí mesmo polas familias e que él era o rapaz que os velou durante varias horas. ¿"E aínda están aquí"?, preguntou Darío, que non podía crer que debaixo daquela terra, daquelas herbas silvestres, finalmente, 68 anos despois, estivese o seu pai. "Estar, só está o seu pai, porque ao outro o desenterró a súa familia pola noite e levoullo ao cemiterio da aldea", confirmou o señor.

Polas boas. Sempre polas boas, Darío Rivas pediu ao cura de Cortapezas poñer unha placa en memoria do seu pai. Non, non se pode. Entón pediu poñer unha cruz de madeira, fóra da igrexa. Non, tampouco se pode porque é terra santa. Entón tivo que ser polas malas.

Coa documentación en man e acompañado pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, o 19 de agosto de 2005, un grupo de amigos acompañou ao fillo na exhumación. Foi lenta e desasosegante. Pero alí estaba. Severino Rivas Barja foi sepultado con todos os honores no panteón familiar, en Loentia. A lápida di: "Foi alcalde de Castro de Rei, nacido o 13 de setembro de 1875. Asasinárono en Portomarín os falangistas o día 29 de outubro de 1936. Volveu a casa para descansar en paz o día 19 de agosto de 2005". E, sobre ela, unha placa engade unha petición: "Papá, descansa en paz. Pídecho o teu neno consentido, Darío".

A cunca baila nos dedos áxiles do señor Rivas, que rexeita a política aínda que recoñece que as súas accións tamén o son: "Porque estamos loitando contra o franquismo", dispara. O médico recomendoulle evitar as emocións e, por iso, xa non fala en público. Escribe discursos, cunha caligrafía de trazos aínda escolares, e logo pide que alguén llos lea. Con todo, o 30 de xuño de 2011, a multitude coa que marchou en a Ronda da Dignidade pola Porta do Sol madrileña esixiu escoitalo. E el falou. "Pídovos que non recordemos aos nosos como vítimas senón como heroes. O Goberno de España non busca aos seus desaparecidos e moitos nenos secuestrados non coñecen a súa verdadeira identidade. Iso é unha vergonza. É deixar vivo o antecedente dun genocidio impune que van pagar as xeracións futuras".

A luz do ventilador proxecta brillo na cunca nesta noite en Ituzaingó. "Eu non herdei nada do meu pai. Os meus irmáns que quedaron alá repartíronse as cousas entre eles e bo" Pero cando volvín botei contas e alfaia: Non quero nada, só esta?, termina o fillo, que xa deixou un legado propio á humanidade.

Esta reportaxe publicouse no nº 2 da revista Luzes en xaneiro de 2014.

Nenhum comentário:

Postar um comentário