O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 10 de agosto de 2014

Nordés pon en marcha as IV Xornadas Memoria dun tempo

 
Crónica3.com 04-08-14
Nordés, a asociación para o desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 21, 22 e 23 de agosto as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que, como é xa habitual, teran lugar no pobo de O Barqueiro (Concello de Mañón)
 
As devanditas xornadas, das cais lle facemos chegar o cartaz en arquivo adxunto, seguen la liña das anteriores coa apertura a novas temáticas sin perder de vista aquela que foi básica para o seu nascemento: a recuperación da chamada memoria histórica da bisbarra, é dicer, aquila que se centra nos anos da II República, Guerra Civil e represión franquista.
 
Exemplos do aumento de temas son a conferencia que abre a Xornadas, e que se centrará no Centeario da 1ª Guerra Mundial facendo unha aproximación ós feitos pasados en Galiza nos que iste conflicto foi protagonista. Estamos a falar do Congreso Internacional pola Paz que se levou a cabo en Ferrol no ano 1915. Para iste acto contaremos co historiador e Presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández.
 
O venres 22 sí está máis centrado nos feitos da Guerra Civil e posguerra coa evocación da memoria e feitos da guerrilla antifranquista. Alejandro Rodríguez falaranos dos conflictos internos no seo da propia guerrilla, cuxo froito máis definido foi o abandono e fuxida de moitos dos seus integrantes, caso da saída dun grupo dende a praia de A Abrela, no concello de O Vicedo. Tamén se proxectará dentro diste acto o documental de Helena Villares e Pilar Faxil “A cidade da selva”.
 
Para o sábado 23 téñense programadas varias cousas, escomenzando cun roteiro didáctico que nos levará a percorrer as varias escolas construídas coas aportacións económicas da Unión Mañonesa, asociación de emigrantes fundada en Cuba en 1907. O roteiro contará como guieiros con Bernardo Penabade, Diana M. Rodríguez e o experto no asociacionanismo da emigración en Cuba Sixto Gómez.
 
Ás 8 da tarde contaremos de novo con Juan Carlos Salgado, que si ven en novembro pasado nos falou do afundimento do submariño alemán U966 en augas próximas á Estaca de Vares, esta vez se centrará nos ataques ós pesqueiros galegos durante a 1ª e 2ª Guerras Mundiais, así cómo na Guerra Civil. O título da súa poñencia é “Pescando en augas perigrosas: pesqueiros galegos nas guerras do século XX”.
 
Seguirá o sábado cunha cea de fraternidade no Restaurante Relojes, para o cal haberá que reservar primeiro chamando ó teléfono 653756454 (Ricardo).
 
E para rematar un concerto co título de “Cancións para un tempo de loita”, e que pódese definir coma unha segunda parte do recital co que se pecharon as Xornadas do ano pasado cun grande éxito de público e animación. De novo será Andrés Rodríguez, músico de O Carballiño, quen evocará as cancións que soaban nos ámbitos contestatarios durante o franquismo e maila transición, moitas dilas convertidas en himnos de loita universais.
 
Os actos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, agás o roteiro que terá como ponto de partida a Escola da Unión Mañonesa restaurada en Mañón, a cea no lugar xa indicado, e o concerto que será en ” O Bar Queiro” .

Nenhum comentário:

Postar um comentário