O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 13 de agosto de 2014

IX Premio dá recuperaci​ón da Memoria Histórica a Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco da Asociación para a Dignificac​ión das Vítimas do fascismo de Lugo


17 de agosto conmemoración do Día da Galiza Mártir (aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira)
 
Fundación "Alexandre Bóveda"
Desde o ano 2006 a Fundación Alexandre Bóveda, coincidindo coa celebración do día da Galiza Mártir, celebra un xantar para recoñecer o labor que está a desempeñar unha persoa ou colectivo en investigar e divulgar o acontecido durante a represión franquista no noso país.
 
A Fundación Alexandre Bóveda escolleu este ano para galardoar co premio á recuperación da memoria histórica a Claudio Rodríguez e Carme Blanco da Asociación para a Dignificación das Vítimas do fascismo de Lugo. Ambos os dous a través da asociación, da Iniciativa Galega pola Memoria da que forma parte, ou de xeito individual veñen traballando de xeito activo na recuperación da nosa memoria e na lembranza das vítimas do franquismo, así como na denuncia da pervivencia de vestixios dese réxime na impunidade existente a ese respecto, no feito que non se reparen ditos crimes, e sobre todo que non se establezan garantías de non repetición. Neste sentido compre lembrar o labor feito nos actos de desagravio ás vítimas do franquismo que tiveron lugar en Montecubeiro o 13 de outubro do pasado ano, fronte as declaracións do alcalde do PP de Baralla, respaldadas e lexitimadas pola súa formación política na que se xustificaba o franquismo e os asasinatos que cometeu.
 
Personalizamos en Claudio Rodríguez e Carme Blanco a todas as asociacións e persoas, especialmente de Lugo, que deron unha exemplar resposta no acto celebrado en Castroverde e na campaña desenvolta para poñer en evidencia a un rexedor e ao partido que o sustenta que fan apoloxía do franquismo.
 
Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer teñen publicacións ensaísticas e literarias nas que renden tributo as vítimas do franquismo, mais, sobre todo, o que temos que agradecer desde a Fundación Alexandre Bóveda, coa cal xa teñen colaborado, é a súa dispoñibilidade a participar en actos das diversas entidades memorialísticas, achegándose a cada recanto deste país para poñer voz aos sen voz e lembrar as derrotadas e aos derrotados que son o mellor chan moral sobre o que erguer un futuro digno e honesto para o noso pobo.
 
PREMIO GALIZA MÁRTIR:
 
-2006 Mariví Villaverde, represaliada, activista e familiar de represaliados.

-2007 Dionísio Pereira, historiador e activista pola recuperación da memoria histórica .

-2008 Teresa Alvajar, represaliada, activista e familiar de represaliados.

-2009 Xusto Beramendi, Catedrático de Historia Contemporánea e América da USC. Estudoso da historia do nacionalismo galego.

-2010 Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Isaac Díaz Pardo, representantes dunha xerazón que traballou arreo polo Estatuto de Autonomía do '36.

-2011 Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo".
 
- 2012  Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero), activistas da recuperación da memoria histórica ao servizo da cal puxeron o seu quefacer musical en solitario ou como membros de Fuxan os Ventos e A Quenlla. 
 
- 2013  Proxecto Interuniversitario  "Nomes e voces". Dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Dionisio Pereira, Xulio Prada, Xosé M. Núñez Seixas e Emilio Grandío. Co proxecto Nomes e Voces elaborouse unha base de datos da represión con 14.978 nomes e realizáronse 404 entrevistas a fontes orais que se sumaron ás 108 donadas por investigadores e particulares. Fixéronse  22.340 dixitalización, delas 7.773 fotografías e elaborouse o máis completo mapa de lugares de represión franquista dos existentes no Estado español. O modelo de investigación, en concreto a base de datos, foi asumido por outras universidades do mundo, polo seu carácter innovador na recuperación da memoria.
 

Nenhum comentário:

Postar um comentário