O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 18 de outubro de 2014

78 anos na memoria. A Volta dos Nove Baredo-Baiona

 
1936 - 2014
78 ANOS NA MEMORIA. A VOLTA DOS NOVE BAREDO - BAIONA

IEM 18/10/14
O vindeiro domingo 19 de outubro, ás 12:30 horas, se realizará unha sinxela homenaxe  ao redor do monumento "Volta dos Nove”.  Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembrarán a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona - Camposancos.
 
A sinxela homenaxe do domingo consistirá nun momento de recollemento fronte ao monumento, obra do escultor Fernando Casás, unhas breves palabras do historiador Carlos Méixome, director do IEM, e unha ofrenda floral.
 
Contamos coa vosa asistencia
 
O asasinato dos nove
O asasinato dos nove traballadores foi un acto de vinganza das forzas represivas trala morte do falanxista Luis Refojo, ocorrida en Sabarís, a tarde anterior das execucións. Refojo formaba parte dunha partida que ingresou a tiros nunha vivenda ocupada por un home cego (Ventura Pérez), unha muller de 71 anos(Dolores Samuelle Álvarez, "Perfecta", que traballaba como doméstica)  e os irmáns Luís e José López Luís, ("Os Ineses),  fuxidos dos represores,  un deles co cargo de ter sido tenente de alcalde de Baiona durante a República. Unha vez asasinados os ocupantes da casa, os falanxistas decidiron marchar cara as cadeas de Vigo en busca de presos políticos sobre os cales descargar a súa ira pola morte do camarada.
 
Primeiro chegaron á cadea de Vigo, alí non lle deixaron coller a ninguén, logo foron ao frontón da rúa María Bediales que servía tamén de cadea. Meteron nove homes nunha camioneta e dirixíronse cara a Baiona. As testemuñas discrepan na hora na que os levaron a Baiona. En todo caso na noite do 15 de outubro, sobre a unha da madrugada nove veciños do Val Miñor foron asasinados á altura do quilómetro 58 de estrada Pontevedra Camposancos
 
Os nove homes asasinados en Baredo eran:
Manuel Aballe Dominguez, mariñeiro de Panxón, de 41 anos. Fillo de Modesto Aballe Macaya e de Benita Dominguez Salgueiro. Casado con Antonia Rial Veiro, deixou dous fillas menores: Eugenio e Víctor.
Felicísimo Antonio Pérez Pérez, mariñeiro de Panxón, 44 anos. Fillo de Antonio Pérez Dominguez e de Rosa Pérez. Casado, sen fillas.
Elias Alejandro Gonda Alonso "O Ghonda", labrador, de 36 anos, veciño de Santa Cristina da Ramallosa. Fillo de Ascensión Gonda Alonso. Casado cunha moza de Sabarís, Angelina Veiga Ríos, deixou tres fillos menores: Isabel, Carmen e Manuel.
Manuel Francisco Lijó Pérez "O Lijó"de 34 anos, natural de Corrubedo (Ribeira) aínda que vivía e traballaba como mariñeiro no barrio do Burgo (Baíña). Fillo de Francisco Lijó Oliveira e de Ramona Pérez Gonda, estaba casado con Eugenia Mijón Durán, veciña de Baiona. Deixaría orfos a cinco filias menores de idade: Mercedes, Manuela, Maximino, Oto e máis Eva.
Modesto Fernández Rodríguez "O Rei Chiquito", 47 anos, mariñeiro, veciño de Panxón, filio de José Fernández e Dolores Rodríguez. Traballaba como mariñeiro. Do seu matrimonio con Rosalia Rodríguez Iglesias deixaría seis fillas menores: Gloria, Lidia, Juan, Enriqueta, Jaime e Álvaro.
Fidel Leyenda Rodríguez "Tío Félix", de 51 anos, mariñeiro de Baiona. Fillo de Eulogio Leyenda Álvarez e de Vicenta Rodríguez Miguez. Casado con Sofía Vieites Penedo, de Baíña, non deixaba fillos.
·José Rodríguez González, "O Pelonio". Fillo de Rufina Rodríguez González. Veciño da Porta da Vila en Baiona. Tiña 45 anos Este mariñeiro deixaría viúva a Clementina Freire Mosquera, de 43 anos, e orfos a Rogelio, Manuel, José, Melitón e África.
Manuel Barbosa Durán, "O Ferreiro do Burgo". O máis novo dos asasinados, tan só contaba con 30 anos de idade. Mecánico, natural de Bruña, foi vivir a Panxón tras o seu matrimonio con Julia Sanjuan García. Deixaría catro fillos orfos Oulia, Ma Carmen, Ma Encarnación e Manuel. Os seu s pais Alfredo Barbosa e Isabel Durán Álvarez .
. Generoso Valverde Iglesias, fillo de Fermín e Constantina. Tamén traballaba como mariñeiro e contaba, cando segaron a súa vida, 37 anos de idade. Natural e veciño de Panxón, casado con Aurelia Rodríguez Cabral, deixou seis fillos, todos eles menores: Generoso, José, Germán, Vicente, Elodia e Constante

Nenhum comentário:

Postar um comentário