O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

segunda-feira, 1 de dezembro de 2014

"Non se pode construír o futuro dun concello sobre a ocultación do pasado"

Máis fotos © Diego Torrado
Pontevedra Viva 29/11/14
Un día de "recoñecemento e de respecto para quen tanto e durante tanto tempo sufriron". Iso é o que viviu este venres o Teatro Principal de Pontevedra. En cumprimento dun acordo plenario no que houbo acordo dos tres partidos con representación, celebrouse un acto de restitución simbólica e homenaxe aos membros da Corporación e funcionarios represaliados como consecuencia do levantamento fascista de xullo de 1936.
 
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, viviuno con emoción, como unha xornada "de honra e de xustiza", pero tamén "de emoción e de orgullo compartido coas familias que levan ben alto o facho dos ideais polos que loitaron os seus". No acto estiveron presentes representantes das familias represaliadas e do persoal do Concello.
 
Mostrou a súa emoción Lores por poder culminar un proceso de recuperación da memoria dos represariados na Ditadura que comezou no ano 1999, no seu primeiro mandato como alcalde, pois se mostra un firme defensor de que "non se pode construír o futuro dun concello, non se pode erguer un país sobre o esquecemento, sobre a ocultación do pasado".
 
Convencido de que "non se pode erguer nada novo sobre a ruína moral, sobre ou ermo ético, sobre o sometemento, sobre o esquecemento", quixo honrar a todas as vítimas do Franquismo en Pontevedra, non só ás máis coñecidas como Alexandre Bóveda ou os dez represaliados do 12 de novembro, senón a "todos e cada un dous obreiros e mariñeiros asasinados impunemente nas cunetas e nas rías".
 
Coa banda sonora ofrecida pola Banda de Música de Pontevedra e o gaiteiro Óscar Ibáñez, o historiador e investigador Xosé Álvarez Castro recordou a todos os represaliados, tanto os asasinados coma quen foron sometidos a expedientes de depuración ou sufriron prisión, multas, exilio e todo tipo de castigos. Os nomes dos máis de 50 homanejeados dixéronse un a un para honrar a súa memoria, un dos momentos máis emotivos do acto xunto co discurso de Lores e o minuto de silencio co que se puxo punto e final á homenaxe.

Nenhum comentário:

Postar um comentário