O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 30 de outubro de 2014

A Asoc. pola Recuperación dá Memoria Histórica de Marín celebra un acto de desagravio ás vítimas do franquismo

Traducción Estación Atlántica
Poetas, historiadores e músicos participan nun recital pola "Memoria, Xustiza e Dignidade"
 
Faro de Vigo - F.M. | Marín 28.10.2014
A Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica de Marín celebrou o pasado fin de semana un acto pola "Memoria, Xustiza e Dignidade", tralos atentados perpetrados contra o monumento situado no lugar de Cruz dá Maceira. Ademais dunha ofrenda floral neste símbolo da represión, desenvolveuse un acto no Multiusos da Praza, no que interviñeron Enriqueta Otero, presidenta do colectivo, a profesora Ana Acuña que leu un manifesto, ademais de celebrarse un recital poético musical, no que interviñeron varias persoas do ámbito social, artístico e musical, como Alba Méndez, Ana Acuña, Carmen Branco, Claudio Rodríguez Fer, David Iglesias, Felipe Rea, Laura Romero, Lucia Novas, Mardeafora, Mini e Mero, Pepe Cáccamo, Samu Acuña, Marina Quintillán, Lía e Pepe Álvarez.


A asociación agradeceu a participación de todos os que colaboraron con esta iniciativa en desagravio ás vítimas da represión franquista. A presidenta, Enriqueta Otero, destacou a satisfacción do colectivo pola "masiva asistencia" ao acto, o que supuxo "unha clara e rotunda manifestación de repulsa aos atentados perpetrados contra o monumento de Cruz dá Maceira, así como tamén cara ás pintadas realizadas en diferentes lugares de Marín e contorna, de clara apología do fascismo".

"Queremos destacar e agradecer de xeito especial a presenza de Francisco Martínez Quico, guerrilleiro antifranquista e de Fernanda Cedrón, neta do guerrilleiro coñecido como Gardarríos, testemuñas directas daquela barbarie pero tamén persoas transmisoras incansables de esperanza e de restitución da nosa memoria", engadiu Otero.

sexta-feira, 24 de outubro de 2014

Galiza e a revolución de outubro de 1934

Detidos durante a revolta de outubro do 34
Manuel Mera - Sermos Galiza 13/10/14
Este mes cúmprense 80 anos do movemento revolucionario de 1934, que tivo especial relevancia en Asturias, e certa repercusión en Cataluña e Euskadi. Moitos historiadores coidan que este feito é o principal antecedente do levantamento militar de 1936 e da ditadura franquista. A revolta foi consecuencia da designación do novo goberno presidido por Lerroux, onde se integraban tres membros da CEDA, considerada unha forza fascista, e dirixida por Gil Robles. A esquerda valorou esta decisión como a constatación de que se pretendía desandar todo o avanzado dende a proclamación da Segunda República, e así o veu asemade unha parte considerábel do nacionalismo.
 
A folga revolucionaria encetou o 5 de outubro. En Madrid producíronse asaltos aos cuarteis. A revolta sería controlada axiña cun saldo de varios mortos e feridos e 400 persoas detidas, aínda que o paro duraría, como noutras zonas do Estado, máis dunha semana. Presidida por Compays, e con hexemonía de Esquerra Republicana, a Generalitat de Catalunya decidiu apoiar o 6 de outubro o movemento revolucionario e proclamar o Estado Catalán e a República Federal Española. Ese mesmo día, Lerroux anunciou por radio a declaración do estado de guerra en todo o Estado español. O 9 de outubro, La Vanguardia informaba do confronto armado a noite do 6-7 de outubro entre as forzas da República e da Generalitat, e a capitulación desta última, despois duns 20 disparos de canón contra a sede do Goberno Catalán. Comezaban os xuízos sumarísimos. Un día despois, o Congreso aprobaba unha lei que restablecía a pena de morte e afirmaba controlar a situación. 
 
A revolución en Asturias acadou unha grande dimensión social e eco internacional. Corenta pobos da conca mineira, así como a cidade de Oviedo, foron tomados pola UHP (Uníos Hermanos Proletarios) integrada pola CNT e a UGT. O Goberno convocou 40.125 recrutas a filas e procedeu contra os rebeldes con total dureza, alentado por Gil Robles. A represión do movemento estivo a cargo de Franco, con plenos poderes e unidades de regulares mouros e a Lexión. O cruceiro “Libertad” bombardeou o monte Santa Catalina en Xixón, e as forzas desembarcaron o día 7, ocupando Xixón tres días despois e Oviedo o día 15. Producironse 1.335 mortos, dos que 1.051 eran revolucionarios, e serían detidas máis de 30.000 persoas.  Cómpre lembrar que dos 60.000 mineiros calcúlase que uns 15.000 eran de orixe galega. Como contraste, a revista Vida Gallega destaca a participación de tropas do país na represión da revolta en Asturias, e reproduce fotografías da recepción triunfal cando retornan á Coruña e Lugo.  
 
Agora ben, debido á importancia que esta revolta tivo en Asturias e á presenza de tropas con base na Galiza na represión, esquécese que o noso país non estivo á marxe da folga xeral, das protestas e da solidariedade coa insurrección. E, malia que El Pueblo Gallego destacaba o día 11 que a tranquilidade voltaba á cidade de Ferrol, porque entraran a traballar o día anterior uns 200 obreiros ao arsenal e estaleiros, tiña que recoñecer que faltaran un milleiro ao traballo, seguindo as consignas da UGT e CNT (en realidade o estaleiro tiña 3.000 operarios, polo que a incidencia do paro foi moi elevada). Mentres que La Zarpa, do día 12, indicaba que en Ferrol: “rexistráronse graves sucesos a consecuencia de choques entre os revoltosos e a forza pública”; mais en titulares salientaba todo o contrario: “os obreiros reintégranse ao traballo restabelecendo a normalidade”. Tamén relataba que forzas de artillaría fixeran unha batida polos barrios periféricos perseguindo a algúns grupos. Seica houbo un tiroteo no que resultaron feridos dous mozos. Noutro número deste periódico, informábase que fora atopado un agocho con armas, e que se fixeron consellos de guerra sumarísimos. 
 
Sobre a cidade da Coruña, La Zarpa destacaba que se clausuraron os sindicatos obreiros por orde do gobernador, practicándose moitas detencións, e que foi incendiada unha igrexa en San Pedro de Visma.  Pola súa banda, La Voz de Galicia do día 13, (o primeiro día que saíu á rúa por mor da folga), destacaba que o día 6 cando unha compañía de infantaría proclamaba o estado de guerra no Cantón Pequeno da cidade, diante do Casino Republicano, alguén dende o balcón do edificio botou un aturuxo, polo que arrestaron a máis de trinta persoas que se atopaban no lugar e arredores. Ao día seguinte, tamén na Coruña, foron detidas varias mulleres por exercer “coaccións” (seguramente un piquete informativo). O día nove entraron a traballar algúns afiliados da UGT e, segundo El Pueblo Gallego, esperábase que o día 15 se normalizase totalmente a situación. O Gobernador nomeou delegados, entre outros concellos, na Coruña, Betanzos, Fene, Boimorto, etc. O mércores 10, fixéronse no cuartel de Átocha na Coruña tres consellos de guerra, condenando a cada un dos procesados a quince anos de prisión temporal. Aínda o día doce, estaban amarrados no porto os barcos de pesca, esperando que saísen pescar á mañá seguinte. 
 
En relación a Compostela, dicía o día 12 El Pueblo Gallego que a folga era tranquila, e que a noite anterior fixeran explosión dúas bombas, unha delas colocada nun transformador eléctrico, e que se realizaron unha morea de arrestos. La Voz de Galicia informaba que a Garda Civil detivera catro persoas na estrada de Noia, seica electricistas de Compostela, que pretendían voar a planta hidroeléctrica.
 
Sobre a provincia de Lugo, faise referencia na Zarpa a que varios números da Garda Civil de Petín (Ourense) e tropas de Lugo arrestaran a unha persoa que participou no movemento sedicioso de San Clodio. Seica unha parte dos revolucionarios fuxiron internándose en Portugal. Chama a atención a noticia de que en Lugo fora atopada unha emisora clandestina de radio, “que emitía novas falsas e alarmistas” e encarcerado o dono da mesma, así como “significados membros de partidos extremistas”. Na provincia foron destituídos varios concelleiros do municipio de Lugo, Láncara, Mondoñedo, Ribadeo, etc. El Pueblo Gallego salientaba, como anécdota, que a folga era total en todas as parroquias da contorna agás na vila de Monforte. Segundo este xornal, o luns 15 incorporáranse ao traballo todos os folguistas na capital provincial.
 
El Pueblo Gallego daba a coñecer que o 8 de outubro mobilizouse o exército en Ourense;  en Baños de Molgas e Maceda, así como na Ravela, houbo protestas que foron sufocadas pola Garda Civil; a estrada de Allariz foi cortada, xa que se tombaron numerosos postes de telégrafos e tendido eléctrico; e ademais foron disolvidas as asociacións de empregados municipais. Neste mesmo xornal, co título de “Ourense, o oitavo día de folga” (ou sexa o 12 de outubro) anunciábase que o día anterior reintegráronse ao traballo os perruqueiros, panadeiros, peóns de ferrocarril, tipógrafos, e camareiros. Informa o xornal que todos foron admitidos agás os camareiros, aos que os patróns anunciaron que estaban todos despedidos. Indícase asemade que no monte da Torre en Paderne (Ourense) xuntáronse unhas 300 persoas pertencentes a asociacións obreiras da comarca; a Garda Civil tomou posicións e realizou varias detencións. En Maside houbo un corte de luz e tamén se fixeron arrestos. O día 17 de outubro, nese mesmo xornal  indicábase que Ribadavia recobrou a normalidade e a Casa do Pobo foi clausurada, e que os afiliados da Falange Española e de Acción Popular puxéronse a disposición do alcalde, saíndo pola noite á rúa en roldas armadas. O Gobernador destituíu os alcaldes de Entrimo e Maside e todos os de  Ourense.
 
La Zarpa informa que o día 6 iniciouse a folga en Pontevedra, que foi secundada polos obreiros dos gremios. E que facían labores de vixilancia forzas de asalto, Garda Civil, carabineiros, artillaría e mariña. Que se practicaron varias detencións. O día 7 declarouse o estado de guerra. O día 8 reincorporáronse algúns sectores ao traballo: ferroviarios, tranvías, bancarios, etc. O Gobernador destituíu o concello de Pontevedra, por falta de asistencia ás autoridades. Por idéntica razón, fixo outro tanto coa corporación de Vigo. Informa este xornal que na Illa de Arousa proclamárase “o comunismo libertario” e que se nomeou un goberno cuxos integrantes foron arrestados. Cando chegou ao peirao da illa un tenente con varios soldados, para poder desembarcar tiveron que efectuar varios disparos ao ar, para dispersar os numerosos habitantes que o ocupaban; indicando que ondeaba a bandeira vermella e o comercio estaba pechado. 
 
Como dado clarificador do modo de proceder dalgúns dos estamentos e clases da sociedade galega durante estes graves acontecementos, recollo deseguido algunhas das noticias da prensa. O comandante da praza militar de Vigo, dicía que a tranquilidade era absoluta, e que se establecera a censura na radio e nas oficinas de telégrafos e teléfonos “pra evitar a difusión de noticias alarmantes”. Pola súa banda a “Federación Gremial de los Patronos” abría unha subscrición pra premiar as forzas e axentes da autoridade que cooperaron no mantemento da orde durante a folga revolucionaria. O grupo de Ferrol do Partido Galeguista pedía ao Goberno o indulto dos condenados a morte. Nesta última cidade, prohibíuselle aos gardas municipais e aos empregados de arbitrios estar afiliados a sindicatos e partidos políticos. Como se pode comprobar, foron uns dez días de conflito que se alargou por todo Galiza, dende as cidades, ate as vilas e parroquias. Foi unha radiografa da confrontación social e política existente. Aínda o día 17 de outubro, nunha zona tan illada como Larouco (preto da Pobra de Trives en Ourense) realizouse unha manifestación “con berros subversivos e alteración da tranquilidade” (segundo El Pueblo Gallego do día 18). Polo que a Garda Civil detivo 22 persoas de entre 19 e 29 anos. Era aquela unha mocidade inqueda.  
 
Por último, algúns dados en relación a nosa nación naquela altura, para que o leitor/a poda facer unha comparación acaída. A poboación galega era no ano 1930 o 10,32% do total do Estado español, e o PIB galego atinxía o 6,05%. A poboación activa adicábase nun 69,5% ao sector primario, un 14,41% ao secundario, e un 14,41% ao terciario. Comparemos con outros territorios que se mencionan no artigo. Daquela a poboación de Cataluña representaba o 11,42% e a de Asturias un 3,49% do total. O PIB catalán era o 21,38% e o de Asturias o 2,75% do total do EE. Con relación á poboación activa, o 54,41% estaba ocupada en Cataluña no sector secundario, e en Asturias atinxía o 46,86%. Son cifras esclarecedoras sobre a composición social, o grao de desenvolvemento, e o peso económico e político de cada territorio no Estado español. Tamén sirve como referencia para comparar a evolución demográfica posterior.
 
Como conclusión, pódese afirmar que a folga foi importante na Galiza, tal como se pode ollar polos acontecementos referidos, que por suposto este artigo non recolle todos. E pódese afirmar isto, tanto porque durou moitos días en non poucas cidades, vilas e parroquias rurais, cunha confrontación que tivo nalgúns casos carácter violento, como porque a represión non se fixo esperar, tanto en destitucións, como en detencións e condenas de prisión exemplarizantes. 

quinta-feira, 23 de outubro de 2014

Conferencia: "Bibliotecas e bibliotecarios na II República: Do compromiso á depuración"


Conferencia: "Bibliotecas e bibliotecarios na II República: Do compromiso á depuración"(co gallo do día das bibliotecas)
A charla correra a cargo de  Francisco Xavier Redondo Abal  bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor de
"Bibliotecarias e bibliotecarios "infames: A depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego 
O Fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil"  
 "Proceso a unha biblioteca. A persecución de Castelao a través da incautación da súa bibloteca"

Entrevista en Praza Pública: “Coa vitoria franquista as bibliotecas convertéronse en espazos mortos, elitistas, confesionais e reaccionarios”

terça-feira, 21 de outubro de 2014

Un filme recupera a historia do wolframio en Galicia na II Guerra Mundial

 

Traducción Estación Atlántica
O rodaje da ópera prima do realizador coruñés Simón Casal, 'Lobos Sucios', comezará a próxima semana en exteriores da provincia
 
La Opinión A Coruña - Manuel Varela  - 16.10.2014
A Segunda Guerra Mundial librouse máis aló da soada batalla de Stalingrado ou do Desembarco de Normandía. Entre 1939 e 1945, Galicia non só foi o lugar no que Leslie Howard -o desexado Ashley Wilkes de Scarlett O'Hara no que O vento levouse- caeu abatido polos bombardeiros da Luftwaffe, senón tamén un dos principais abastecedores da Wehrmacht nazi. As esquecidas minas de wolframio galegas regresarán á memoria colectiva a través da película Lobos Sucios, unha coproducción galega, catalá e belga que comezará a súa rodaje o vindeiro luns en localizaciones da provincia e Zamora.

O coruñés Simón Casal debuta como director nun largometraje, contando cun elenco encabezado polas actrices Manuela Vellés (Camino, Velvet) e Marián Álvarez, premio Goya o pasado ano a mellor interpretación feminina pola 'La Herida'. "Estamos orgullosos de poder recuperar un episodio da nosa historia desaparecido", presumiu a productora Paula Cons onte, durante a presentación do rodaje, que cun orzamento "medio-baixo" espera realizar unha obra "de gran calidade" e cunha acción "trepidante". A galega Agallas Films parte da idea orixinal de Felipe Rodríguez, autor dun curto documental que viraba en torno a un maquis fuxido das minas.

Na película, que se estreará no outono de 2015, as protagonistas serán dúas irmás e a súa relación cos personaxes que rodean á mina: franquistas, guerrilleiros, presos republicanos, espías e nazis. A obra tratará de demostrar como dúas mulleres galegas tiveron nas súas mans cambiar o curso da historia da Segunda Guerra Mundial. "Hai historias pequenas que son máis emocionantes que bombardeos de avións e tanques", destacou Marián Álvarez, que di aceptar o guión "enseguida". A actriz subliñou a posibilidade de "contar algo grande desde un punto de partida pequeno" ou "sen artificios", como apostilou o actor galego Ricardo de Barreiro.

Outra das peculiaridades desta película reside no compoñente "máxico" que ofrece a atmosfera galega. O personaxe de Álvarez, Manuela, é unha minera rexeitada por ser "medio meiga", un elemento que sorprendeu ao alemán Pierre Kiwitt, un dos artistas internacionais que participan no rodaje da película. O actor descoñecía a existencia das minas de wolframio e a "mística" que rodea o país, polo que se mostra "feliz" de traballar nunha cinta onde ofrecerá un papel diferente ao resto de soldados nazis que interpretara anteriormente, tras títulos como Hitler´s Grave ou Stauffenberg.

Por diante quedan cinco semanas de grabaciones en localidades de Lousame, As Pontes, Santa Comba ou Cabanas de Bergantiños. "Meterémosnos dentro das minas, traballaremos con zuecos sobre barro e usaremos luces de carbono", avanzou ilusionado o director, Simón Casal de Miguel, que realiza a súa primeira película para a gran pantalla trala televisiva Eduardo Barreiros ou Henry Ford Galego. O cineasta contará nas grabaciones con extras procedentes das minas da zona, que ensinarán aos actores como utilizar as ferramentas.

Unha ambientación que tratará de rememorar as longas xornadas de traballo nas minas de wolframio de Casaio, Ourense, a donde non foi posible levar o rodaje porque as excavaciones atópanse soterradas. "É unha historia europea e universal", valorou Rosa Vilas, directora da TVG, participante no proxecto xunto a TVE e TV3. Os productores aseguran "non poñerse teito", polo que esperan exportar a película trala súa estreo.

Pasamento de Ramón Pérez (Acto intimo no monumento de Mos)


Convidamos aos amigos e amigas de Ramón ó acto de deitar as súas cinzas o sábado día 25, ás 6 da tarde.
 
Unha parte das cinzas de Ramón serán exparcidas no xardín do monumento de Mos.
 
A familia honrounos -A Asociación Viguesa pola Memoria do 36- coa metade das cinzas de ramón para que a Asociación as deitara onde lles parecerá ben.
 
O criterio que tomamos foi nese Lugar de Memoria que tanto él apoiou e colaborou a levantar.
 
Ramón deitaba caraveis na estrada onde seu pai e outros foran asesinados, agora as súas cinzas fertilizarán a Memoria de Mos.
 
Paz para sempre
 
Telmo Comesaña
Asociación Viguesa pola Memoria do 36
 

domingo, 19 de outubro de 2014

Acto de Memoria, Xustiza e Dignidade


Axenda Marin 18/10/14
Acto: Memoria, Xustiza e Dignidade
Día: 26 de outubro
Hora: 12h
Lugar: Cruz da Maceira
Organiza: Asociación Pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín

A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, organiza o domingo 26 de outubro un Acto de Memoria, Xustiza e Dignidade, logo dos atentados perpetrados contra o monumento situado no lugar de A Cruz da Maceira.

O acto desenvolverase do seguinte xeito:
12:00 h.: Ofrenda floral diante do monumento de A Cruz da Maceira.
12:30 h.: acto poético-musical no Recinto Multiusos da Praza de Abastos, coa seguinte orde:
  • Benvida e recibimento por parte de Enriqueta Otero, presidenta da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín.
  • Lectura do manifesto a cargo da profesora Ana Acuña.
  • Recital poético musical, no que intervirán persoas do ámbito social, artístico e musical de Marín e comarca e do resto do país: Alba Méndez, Ana Acuña, Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, David Iglesias, Felipe Rea, Laura Romero, Lucia Novas, Mardeafora, Mini e Mero, Pepe Cáccamo, Samu Acuña,Marina Quintillán e Lía.
  • Peche do acto a cargo de Pepe Álvarez, en representación das asociacións pola recuperación da memoria histórica.

Recollida de firmas para que o PSOE force ao Concello a executar a derriba da Cruz do Castro

Asinar
Faro de Vigo 19.10.2014
Iniciativa Galega pola Memoria e a Federación Estatal de Foros pola Memoria lanzaron o venres pola noite unha recollida de firmas a través da plataforma change.org para que os responsables do PSOE a nivel estatal e autonómico "esixan ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, que retire o recurso e cumpra coa sentenza que obriga a levantar a Cruz do Castro".

Os autores citan a parte da resolución xudicial que indica que a cruz "é un testemuño presente do triunfo dos vencedores na Guerra Civil e memoria da humillación para os vencidos, as súas vítimas e os seus descendentes".

sábado, 18 de outubro de 2014

78 anos na memoria. A Volta dos Nove Baredo-Baiona

 
1936 - 2014
78 ANOS NA MEMORIA. A VOLTA DOS NOVE BAREDO - BAIONA

IEM 18/10/14
O vindeiro domingo 19 de outubro, ás 12:30 horas, se realizará unha sinxela homenaxe  ao redor do monumento "Volta dos Nove”.  Un ano máis, familiares, veciñas e veciños lembrarán a memoria dos nove veciños miñoranos asasinados pola represión franquista na madrugada do 15 de outubro de 1936, á altura do quilómetro 58 da estrada Baiona - Camposancos.
 
A sinxela homenaxe do domingo consistirá nun momento de recollemento fronte ao monumento, obra do escultor Fernando Casás, unhas breves palabras do historiador Carlos Méixome, director do IEM, e unha ofrenda floral.
 
Contamos coa vosa asistencia
 
O asasinato dos nove
O asasinato dos nove traballadores foi un acto de vinganza das forzas represivas trala morte do falanxista Luis Refojo, ocorrida en Sabarís, a tarde anterior das execucións. Refojo formaba parte dunha partida que ingresou a tiros nunha vivenda ocupada por un home cego (Ventura Pérez), unha muller de 71 anos(Dolores Samuelle Álvarez, "Perfecta", que traballaba como doméstica)  e os irmáns Luís e José López Luís, ("Os Ineses),  fuxidos dos represores,  un deles co cargo de ter sido tenente de alcalde de Baiona durante a República. Unha vez asasinados os ocupantes da casa, os falanxistas decidiron marchar cara as cadeas de Vigo en busca de presos políticos sobre os cales descargar a súa ira pola morte do camarada.
 
Primeiro chegaron á cadea de Vigo, alí non lle deixaron coller a ninguén, logo foron ao frontón da rúa María Bediales que servía tamén de cadea. Meteron nove homes nunha camioneta e dirixíronse cara a Baiona. As testemuñas discrepan na hora na que os levaron a Baiona. En todo caso na noite do 15 de outubro, sobre a unha da madrugada nove veciños do Val Miñor foron asasinados á altura do quilómetro 58 de estrada Pontevedra Camposancos
 
Os nove homes asasinados en Baredo eran:
Manuel Aballe Dominguez, mariñeiro de Panxón, de 41 anos. Fillo de Modesto Aballe Macaya e de Benita Dominguez Salgueiro. Casado con Antonia Rial Veiro, deixou dous fillas menores: Eugenio e Víctor.
Felicísimo Antonio Pérez Pérez, mariñeiro de Panxón, 44 anos. Fillo de Antonio Pérez Dominguez e de Rosa Pérez. Casado, sen fillas.
Elias Alejandro Gonda Alonso "O Ghonda", labrador, de 36 anos, veciño de Santa Cristina da Ramallosa. Fillo de Ascensión Gonda Alonso. Casado cunha moza de Sabarís, Angelina Veiga Ríos, deixou tres fillos menores: Isabel, Carmen e Manuel.
Manuel Francisco Lijó Pérez "O Lijó"de 34 anos, natural de Corrubedo (Ribeira) aínda que vivía e traballaba como mariñeiro no barrio do Burgo (Baíña). Fillo de Francisco Lijó Oliveira e de Ramona Pérez Gonda, estaba casado con Eugenia Mijón Durán, veciña de Baiona. Deixaría orfos a cinco filias menores de idade: Mercedes, Manuela, Maximino, Oto e máis Eva.
Modesto Fernández Rodríguez "O Rei Chiquito", 47 anos, mariñeiro, veciño de Panxón, filio de José Fernández e Dolores Rodríguez. Traballaba como mariñeiro. Do seu matrimonio con Rosalia Rodríguez Iglesias deixaría seis fillas menores: Gloria, Lidia, Juan, Enriqueta, Jaime e Álvaro.
Fidel Leyenda Rodríguez "Tío Félix", de 51 anos, mariñeiro de Baiona. Fillo de Eulogio Leyenda Álvarez e de Vicenta Rodríguez Miguez. Casado con Sofía Vieites Penedo, de Baíña, non deixaba fillos.
·José Rodríguez González, "O Pelonio". Fillo de Rufina Rodríguez González. Veciño da Porta da Vila en Baiona. Tiña 45 anos Este mariñeiro deixaría viúva a Clementina Freire Mosquera, de 43 anos, e orfos a Rogelio, Manuel, José, Melitón e África.
Manuel Barbosa Durán, "O Ferreiro do Burgo". O máis novo dos asasinados, tan só contaba con 30 anos de idade. Mecánico, natural de Bruña, foi vivir a Panxón tras o seu matrimonio con Julia Sanjuan García. Deixaría catro fillos orfos Oulia, Ma Carmen, Ma Encarnación e Manuel. Os seu s pais Alfredo Barbosa e Isabel Durán Álvarez .
. Generoso Valverde Iglesias, fillo de Fermín e Constantina. Tamén traballaba como mariñeiro e contaba, cando segaron a súa vida, 37 anos de idade. Natural e veciño de Panxón, casado con Aurelia Rodríguez Cabral, deixou seis fillos, todos eles menores: Generoso, José, Germán, Vicente, Elodia e Constante

Telmo Comesaña: "Caballero o único que fixo foi desprezarnos e ningunearnos"

 
Cristian López / Aequistres  |  29 de Septembro de 2014
O presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Telmo Comesaña, recibe a VIGO dixital poucos días despois da sentenza que obriga ao Concello de Vigo a derrubar a Cruz do Castro.
 
Fala das razóns que impulsaron esta loita xudicial, da actitude do alcalde fronte as demandas do seu colectivo e de por que este símbolo "que homenaxea ao fascismo e ao nazismo" debería estar fóra do corazón da cidade.

Hoxe é un día triste faleceu Ramón Pérez "Moncho"

Membro da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, un dos homes bos e xenerosos
Ramón deixanos un ronsel que temos que seguir (Telmo Comesaña)
 
Ana Mª Aller 17/10/2014
Hoxe é un día triste , vaise como o dicía "á nada " un gran amigo, un compañeiro, e un exemplo de home honrado, sensible, xusto, loitador. Alguén que non necesitaba crenzas en ser supremo algún, para ser boa persoa.

A Moncho detectáronlle un cancro fai tres meses, desde o primeiro día dedicar a pór as súas cousas en orde, deixou aos seus fillos, netos e amigos o seu agarimo e memoria oral.

Unha historia de loita pola verdade e a xustiza, a cuxo último acto asistiu na súa cadeira de rodas o mércores 15 ao pé da cruz do Castro para esixir que o alcalde de Vigo cumpra a sentenza xudicial que lle obriga a sacar ese símbolo franquista.

Mañá  día 18 ás cinco da tarde, sa 10  no tanatorio de EMORVISA de Pereiro será incinerado e alí estaremos todos os que como eu querémoslle, admirámoslle e respectamos.

Un abrazo enorme á súa familia.

GRAZAS COMPAÑEIRO HOXE E SEMPRE

Loitando o día 15 ao pé da cruz fascista de caballero

Momentos irrepetibles Santiago 2009
Telmo, Ramón, Monroy, Gonzalo, eu, David e Nores
 
Mª Jesús, Monroy, eu, Nores, Telmo, Dionisio Ramón e David
O meu máis sentido pésame á súa familia
 
Ramón compañeiro sempre no corazón
 
Por ti e por todos os que xa se foron
 
A loita continua
MJBarreiroLG

Necrolóxica que deixou redactada Ramón

quinta-feira, 16 de outubro de 2014

Concentración pola retirada da cruz franquista do Castro ¡Retirada! 15/10/2014

Foto Cig Comarca de Vigo
 

 
 
15/10/2014
Numerosos colectivos reclaman a retirada do monumento, en cumprimento da sentenza xudicial que a iso obriga. Á esquerda, seguen as tendas do Campamento Dignidade de Vigo.
www.vigovideo.es

quarta-feira, 15 de outubro de 2014

@sanchezcastejon: Obrigue ao alcalde de Vigo @abelcaballero a cumprir a lei e acatar as sentenzas xudiciais

Asinar
Esta petición será entregada a:
Secretario General del PSOE, @sanchezcastejon
Secretario Xeneral del PSdeG, @jrgomezbesteiro

Petición creada por Federación Estatal de Foros por la Memoria - Iniciativa Galega pola Memoria
 

O pasado 4 de setembro, un xulgado de Vigo ordenou a retirada do monumento franquista Cruz de los Caídos do Monte do Castro, en cumprimento da Ley de Memoria Histórica. A sentenza sinala que a Cruz é «un testimonio  presente  del  triunfo de los  vencedores  en la  Guerra  Civil  y memoria de la humillación para los vencidos, sus víctimas y sus descendientes».

A ledicia por esta boa nova para as vítimas do franquismo e para calquer institución que se chame democrática, contrasta coa oposición por parte do Concello de Vigo, gobernado polo PSOE. Os grupos socialistas e do PP votaron a favor de recurrir a sentenza.

Unha decisión chamativa nun partido, o PSOE, que estando no goberno central aprobou a Ley de Memoria Histórica que fundamenta esta sentenza.

Iniciativa Galega pola Memoria e Federación Estatal de Foros por la Memoria pedimos o PSOE estatal e en Galicia que, por coherencia, exixan ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, que retire o recurso de inmediato e cumpra coa sentenza.

O contrario é una falta de respeito mais as vítimas do franquismo, milleiros de eles militantes, concellais e alcaldes socialistas.

Ao non ser así, o PSOE  e PSdeG-PSOE deben rexeitar púbricamente as atitudes antidemocráticas e adouptar medidas disciplinarias drásticas contra o socialista Abel Caballero para que non quede no entredito a credibilidade democrática das institucions que dirixen.

É unha cuestión de xustiza. Como dicía o lema da campaña de Abel Caballero para a alcaldía de Vigo: “Falan os feitos”.

terça-feira, 14 de outubro de 2014

Concentrac​ión cidadá, abaixo a cruz fascista do Castro


CONCENTRACIÓN NA CRUZ DO CASTRO MERCORES 15 ÁS 20 H
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, apoiamos e participamos na iniciativa dos colectivos políticos, sindicaís e sociais de vigo, na concentración no lugar de inxuria a democracia e ofensiva para as vitimas dos asasinatos, dos torturados e torturadas, dos presos e presas en cárceres e campos de concentración, dos e das exiliados/as, dos que sufriron incautacións -ainda non devoltas-  todos e todas desprezados polo sistema da ditadura e da chamada democracia. estado que ainda non condenou o levantamento fascista nin recoñeceu ás vitimas, pero segue homenaxeando aos verdugos nese infamante simbolo en forma de cruz.
 
Non podemos consentir que o psoe sexa un coletivo servil apoiando ao pp , no revisionismo franquista   
 
ACUDE O MÉRCORES Á CONCENTRACIÓN QUE CO APOIO DE COLECTIVOS SOCIAIS, PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS SINDICAIS TERÁ LUGAR ÁS 20 HORAS AO  PE DA CRUZ DO CASTRO  EN VIGO
 
¡¡¡NON A CRUZ DO CASTRO¡¡¡
 
¡¡¡ABAIXO A SIMBOLOXÍA FRANQUISTA EN VIGO¡¡¡

CONCENTRACIÓN CIDADÁ
ABAIXO A CRUZ FASCISTA DO CASTRO!
Mércores 15 de outubro, ás 20h no Castro (ao pé da Cruz)
CIG-Vigo
 
Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,
Diversas organizacións sociais, políticas e sindicais, entre as que nos atopamos a Confederación Intersindical Galega, promovemos a convocatoria dunha concentración cidadá para reclamarmos ao Goberno municipal de Vigo, encabezado por Abel Caballero, que execute a sentenza do xulgado número 2 de Vigo que o pasado 4 de setembro fallou que a chamada "Cruz dos Caídos" situada no Monte do Castro debe ser retirada por constituír un símbolo de exaltación fascista.
 
A CIG vimos defendendo desde hai moitos anos a necesaria supresión dunha simboloxía que ofende ás moitas vítimas tanto do golpe militar fascista de 1936 como da cruel ditadura que durante catro décadas padeceu o noso povo, e singularmente a clase traballadora. Achamos inconcebíbel que en pleno 2014 continúe en pé unha Cruz fascista de 12 metros de altura en pleno corazón da cidade de Vigo. Consideramos a posición adoptada polo Goberno local do PSOE de recorrer a sentenza e a súa reiterada negativa a retirar este vestixio franquista un acto de cinismo e clara conivencia coa simboloxía fascista.
 
É por iso que facemos un chamamento ao conxunto da nosa afiliación a participardes nesta convocatoria, para xuntos e xuntas pedir o seu derrube: abaixo a Cruz fascista do Castro!
Recebe un saúdo nacionalista e de clase.

SERAFÍN OTERO
Secretario Comarcal CIG-Vigo
 
A Asociación pola Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas apoia a protesta contra a Cruz do Castro de Vigo. Anima a participar na concentración de mañá ao pé do monumento vigués
 
14.10.14
A Asociación Canguesa pola Memoria Histórica mostrou o seu respaldo ao acordo de Iniciativa Galega pola Memoria no que critica a decisión do goberno municipal de Vigo de non acatar a sentenza que pide a derriba da Cruz do Castro, ao presentar un recurso contra o mesmo. A asociación subliña que a única solución é acatar a sentenza e derrubar a Cruz do Castro, así como eliminar a simboloxía anexa.

O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.

Proxeción de 'Aillados' na Casa Dos Montes de Sta. Cristina de Cobres


Día 30 de outobro,  ás 20:00 horas. Na Casa dos Montes en Santa Cristina dos Cobres, Pontevedra, organizada por A REGADUXA, Memoria Histórica de Vilaboa, proxectaremos o documental AILLADOS.

O documental “A Volta dos Nove” será presentado este mércores en Gondomar

 
Valminor.info 13 outubro 14
O vindeiro mércores 15 de outubro ás 20:30 horas terá lugar o pase do documental “A Volta dos Nove” (Galicia,2014) do director gondomareño Antonio Caeiro . Será no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío, no marco do ciclo Cine e Memoria II, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.
 
O pase do filme coincidirá co 78 cabodano do asasinato destes nove veciños do Val Miñor en mans da represión franquista na curva do quilómetro 58 da estrada Baiona – Camposancos, onde por décadas nove cruces rachadas na beira da estrada gardaron a memoria e teimaron na denuncia do crime. Esta é a historia que recupera o filme  "A Volta dos Nove", realizado por Caeiro xunto coa documentalista Margarita Teijeiro .
 
O documental completa a "Tristoloxía" da memoria oral segundo o ten sinalado Caeiro, tamén autor e director dos filmes "Aillados" (2001) e "A memoria do wolfram" (2003).
Trala exhibición terá lugar un coloquio co público asistente.

quarta-feira, 8 de outubro de 2014

A homenaxe ás vítimas o franquismo en Sober empezará cun pleno extraordinario

María Vázquez Suárez, mestra socialista e feminista "paseada"
en Pontedeume. Fotos Anova
O Concello de Sober ten xa preparado o programa da homenaxe aos veciños do municipio que foron vítimas do franquismo. Este recoñecemento póstumo xorde dunha iniciativa proposta por Anova e que foi aprobada por unanimidade pola corporación local.
 
Tal e como estaba previsto, a homenaxe celebrarase o día 25. Empezará ás doce do mediodía cunha sesión plenaria especial e incluirá tamén a celebración dunha mesa redonda sobre a represión en Galicia. Ademais, haberá música e unha comida de confraternidade á que poderá asistir calquera que o desexe. Para participar na comida é preciso retirar previamente a entrada, que custa dezaoito euros, na Casa dá cultura ou o Concello antes do día 22.
 
O proxecto de recuperación da memoria histórica Nomes e Voces reuniron información sobre preto de vinte veciños de Sober que foron asasinados durante a guerra civil e os primeiros anos do franquismo pola súa oposición ao novo réxime e o seu apoio á república.
 
Daniel Álvarez Carnero, executado por "rebelión militar"
por defender a legalidade republicana.

segunda-feira, 6 de outubro de 2014

Unha concentración denunciará o día 15 a teima de Caballero por manter a Cruz do Castro


Concentración de protesta o vindeiro mercores 15 ás 20 horas diante da Cruz do Castro
 
Praza Pública - Marcos Pérez Pena
Ducias de colectivos reclaman a derruba da Cruz do Castro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, decidiu este luns, xusto cando o prazo legal estaba a piques de rematar, recorrer a sentenza do TSXG que obriga a derrubar a Cruz do Castro, símbolo franquista, por contravir a Lei de Memoria Histórica. De feito, fíxoo fóra dos 15 días habituais que se outorgan para realizar estes recursos, aproveitando as últimas horas do día de gracia que concede. E fíxoo coincidindo co pleno municipal no que PSOE e PP renovaron o seu apoio ao mantemento da Cruz.
 
En resposta a esa decisión do Concello, este xoves representantes dalgunhas das entidades que piden o derrubo do monumento, entre as que destacan a Asemblea Republicana de Vigo, sindicatos, entidades veciñais e partidos políticas, ofreceron unha rolda de prensa, para amosar a súa valoración polo recurso presentado e anunciar novas accións e mobilizacións, entre elas a defensa da sentenza xudicial ante o propio Tribunal Superior.
Condenan "de forma unanime e coa maxima contundencia" a decisión do alcalde de recorrer a sentenza, convocando unha concentración de protesta o vindeiro mercores 15 ás 20 horas diante da Cruz do Castro
Na rolda de prensa, leuse un texto conxunto das entidades convocantes, na que manifestan "a nosa máis enerxica protesta pola inopinada e incoherente defensa que o alcalde socialista quere facer do símbolo maximo da ditadura na nosa cidade, ergueito, e non por casualidade, fronte ao Concelllo, nun lugar de patente privilexio e publica ofensa". E condenan "de forma unanime e coa maxima contundencia" a decisión do alcalde de recorrer a sentenza, convocando unha concentración de protesta o vindeiro mercores 15 de setembro ás 20 horas diante da Cruz do Castro.
 
Contestan ademais o argumento empregado por Caballero de que "o monumento xa non representa un homenaxe ao fascismo porque agora so é  unha cruz cristiá" e sinalan que "tal pretexto reforza o negacionismo franquista e a pretensión de que os crimes contra a humanidade se consoliden nun modelo de impunidade perefecta: os simbolos relixiosos que lexitimaron a infamia do 36 se invocan agora para perpetuala".
 
Engaden que "a connotación política dese monumento é ineludiblemente franquista e o alcalde socialista incurre en autoengano cando trata de reconvertilo para compracer, de feito ou de intención, aos complices da ditadura" e lembran que "a represión en Galicia sucedeu na retagarda, baixo a sobreactuación terrorista duns golpistas que trataban de afastar, a medio da crueldade extrema, o temor da derrota". E así mesmo sinalan que "a ofensa popular pola decisión do alcalde é a mellor medida do vivo que esta na lembranza a infamia do 36".
"Cando nós iniciamos este traballo para a retirada destes elementos, tratábase só de retirar unha cruz. Pero a teima de Caballero en mantela está facendo que esta cuestión se estenda por toda Galicia e que se convirta nun debate máis amplo"
O presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Telmo Comesaña, considera "moi positivo" que a sociedade se "organice" nun movemento contra a simboloxía franquista que está "en crecemento". "Cando nós iniciamos este traballo para a retirada destes elementos, tratábase só de retirar unha cruz", di, "pero a teima de Caballero en mantela está facendo que esta cuestión se estenda por toda Galicia e que se convirta nun debate máis amplo". "Amólame que o debate se acabe centrando na cuestión de 'a cruz si ou a cruz non' e non no fondo da cuestión", destaca Comesaña, ao tempo que denuncia o mantemento en España de "cuestións inaceptables, que non se producen por exemplo en Alemaña". "O día 15 estaremos na concentración, eu coa foto de meu pai, para que se vexa que tiña rostro", conclúe.

Apoio masivo ao derrubo

CCOO, CIG e UGT difundiron un manifesto conxunto no que rexeitan o apoio outorgado por PSOE e PP no pleno municipal de Vigo ao mantemento da Cruz do Castro
A acatamento da sentenza e o derrubo deste símbolo franquista acada o consenso da meirande parte dos partidos e entidades sociais da cidade. Este mesmo mércores, os tres sindicatos maioritarios, CCOO, CIG e UGT, difundiron un manifesto conxunto no que rexeitan o apoio outorgado por PSOE e PP no pleno municipal de Vigo ao mantemento da Cruz do Castro. Os tres sindicatos sinalan que "non se trata simplemente dunha cruz", senón dun "símbolo fascista ao pé do cal foron fusiladas persoas desta cidade que non eran afíns ao réxime" e lembran que "a sentenza recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o Concello ao seu derrubamento". Critican sobre todo a postura dos socialistas, "un goberno que presume de que modificou o dito símbolo fascista por acordo unánime dun pleno de 1981, non debería hoxe poñer tantos atrancos para cumprir unha sentenza que ditamina o cumprimento da lei de memoria histórica"
 
Hai uns días, ademais, Esquerda Unida remitiulle un escrito ao bispo da diócese Tui-Vigo no que denunciaba “o uso absolutamente falaz e arbitrario que o chamado bando nacional fixo da simboloxía cristiá deixou centos de monolitos, estatuas, placas, etc… que, sen perder a súa significación de lembranza da vitoria sobre os opositores, pretendían identificar o pensamento e práctica cristiá coa brutalidade da represión absolutamente incompatible cos valores da igrexa católica na súa formulación doctrinaria”. EU reclamaba ao bispo que fixera valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso. Na súa resposta o bispo afirma literalmente “que nunca deixarei de intentar que todos, crentes ou non crentes, tratemos de descubrir e respectar o sentido cristiano da cruz, como símbolo supremo de reconciliación e perdón”, o que para EU supón unha defensa velada da permanencia do monumento fascista no Castro. Xa o pasado ano denunciábase a existencia dun pacto entre o Concello e o Bispado para o mantemento da Cruz.

Declaración da Iniciativa Galega pola Memoria sobre a sentenza de derrube da Cruz do Castro en Vigo

A Cruz do Caballero

Santiago de Compostela a 4 de outubro de 2014

Iniciativa Galega pola Memoria
 

O acordo máis salientable  tomado na xuntanza da INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA  (Agrupación das asociacións memorialistas de Galicia,  foi como facerlle frente a decisión do goberno municipal de Vigo sobre o monumento, en forma de cruz, que como espada envenenada do fascismo foi clavada na aba norte do Castro de Vigo, e inaugurada polo mesmo Franco o 14 de setembro do 1961, e que o alcalde do PSOE se nega a cumplir a sentenza do xusgado do contencioso-administrativo, presentando un recurso, co que despreza a lei 52/2007 inspirada polo seu propio partido.
 
Derrube da Cruz do Castro de Vigo
 
Declaración a prol do acatamento da sentenza de derrube da Cruz do Castro de Vigo
 
Na xuntanza da Iniciativa Galega pola Memoria de hoxe 4 de outubro de 2014, en representación das asociacións de recuperación da memoria histórica adheridas que actúan na Galiza, acordamos aprobar unha declaración sobre a sentenza de derrube da Cruz do Castro en Vigo.
 
Logo da conquista que supuxo o recoñecemento no noso ordenamento xurídico da ilegalidade de exaltar a ditadura franquista con monumentos que foron erixidos para ese fin, despois de lograr unha sentenza xudicial favorábel a erradicar esta simboloxía no caso do complexo da Cruz do Castro, parécenos un paso atrás inaceptábel que se pretenda burlar a lexislación cunha interpretación interesada do que se refire o artigo 15 da lei 52/2007 de tal xeito que deixaría en papel mollado o que alí se recolle ao deixar ao arbitrio da lectura oportunista que cada quen faga a concepto de “símbolos e monumentos” de tal xeito que se abre a posibilidade de deixar sen efecto a execución deste artigo. 
 
A chamada lei da memoria foi no seu momento contestada por insuficiente polas asociacións memorialisticas, mais actuacións como as promovidas polo alcalde de Vigo xa suporían no caso de prosperaren nos seus obxectivos, a derrogación de facto daqueles aspectos máis positivos como é o caso dos que teñen que ver coa limpeza deste tipo de emblemas. Asemade parécenos grave a campaña mediática que está a facer este rexedor na defensa das súas posicións retrógradas por canto supón un agravio suplementario á memoria das vítimas do franquismo. Por iso desde as asociacións da memoria histórica solicitaráselle unha xuntanza ao Secretario Xeral do PSOE na Galiza para tratar este asunto, así como nos dirixiremos igualmente ao Secretario Xeral do PSOE no Estado para transmitirlle o noso descontento coa actuación dun dos seus militantes significativos e cargo institucional do seu partido.
 
En ningún caso as asociacións da memoria admitirían unha solución como as que se están a poñer sobre a mesa de meter no mesmo saco as vítimas cos seus verdugos como xeito de tentar salvar este símbolo franquista. Desde as asociacións pola recuperación da memoria histórica de Galiza adheridas a Iniciativa Galega pola Memoria reafirmamos a nosa posición de que non cabe outra solución que o acatamento da sentenza e o derrube da Cruz do Castro e eliminación da simboloxía anexa.
 
Santiago de Compostela a 4 de outubro de 2014

Iniciativa Galega pola Memoria

O compromiso do segredario do PSOE en Galicia  no acto de Montecubeiro o 13 de outubro do 2013. Cumplirá a súa promesa coa actitude de Abel Caballero respeto da cruz do Castro de Vigo?
Ímos ver

Tal como quedamos na xuntanza de hoxe en Compostela, adxunto o enlace  da Fundación TIC da Deputación de Lugo presidida por Besteiro, no que  fala da condea do franquismo sen tibieza xunto a outros asistentes ao  acto de Montecubeiro:

 
O pasado 11 de setembro desde o meu perfil en Facebook dirixinme a Pedro Sánchez para facerlle saber do comportamento dun alcalde do seu partido incumpliendo a lei de Memoria que eles mesmos votaron
 

Esquerda Unida recibe contestación do Bispo de Tui-Vigo sobre a cruz do Castro

 
ESQUERDA UNIDA RECIBE DO BISPO DE TUI-VIGO UNHA RESPOSTA “ABSOLUTAMENTE INCOMPATIBLE COA PRETENDIDA DESVINCULACIÓN DA IGREXA CO ESTADO FRANQUISTA” NO TOCANTE Á CRUZ DO CASTRO.
 
29 -septiembre - 2014 Redacción Noticias Vigo -   Esquerda Unida Vigo
O coordinador local de EU, Rubén Pérez recibiu unha resposta a un escrito dirixido ao bispo da diócese Tui-Vigo que sinala unha defensa velada da permanencia do monumento fascista no Castro.
 
No escrito de EU denunciabase “o uso absolutamente falaz e arbitrario que o chamado bando nacional fixo da simboloxía cristiá deixou centos de monolitos, estatuas, placas, etc… que, sen perder a súa significación de lembranza da vitoria sobre os opositores, pretendían identificar o pensamento e práctica cristiá coa brutalidade da represión absolutamente incompatible cos valores da igrexa católica na súa formulación doctrinaria”.
 
A resposta do bispo di literalmente “que nunca (o bispo) deixarei de intentar que todos, crentes ou non crentes, tratemos de descubrir e respectar o sentido cristiano da cruz, como símbolo supremo de reconciliación e perdón”
 
EU reclamaba ao bispo que fixera valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso, asuma a retirada da Cruz do Castro e evite que se abra un conflicto sobre a, para nós e para a propia sentencia, inexistente simbolixia cristiá do conxunto monumental.
 
PRENSA ESQUERDA UNIDA VIGO

Lembranza de Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura franquista (27.09.2014 Vigo)