O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quarta-feira, 11 de fevereiro de 2015

Acto de memoria e proxección do documental "Os fugados do Forte de Ezkaba"


 
A ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36 e A ASAMBLEA REPUBLICANA DE VIGO convidan á proxección do power poin "Os fugados do Forte de Ezkaba", por Fermín Ezkieta
 
Participarán nesta actividade Telmo Comesaña Pampillón, (presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36), que presentará o acto, acompañado por Celso López Pazos, (presidente da Asamblea Republicana de Vigo).
 
Este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas en Andel
(Camelias, 102. Vigo)

Baixo o título ‘Os fugados do Forte de San Cristóbal/Ezkaba. 1938’, Ezkieta explicará a historia de moitos dos 795 fugados documentados que se lanzaron cara a fronteira o 22 de maio de 1938, aínda que so tres ou catro conseguiron chegar a Francia. O plan de fuga, as rutas que tomaron e a biografía dos que lograron acadar a súa meta, centrarán a conferencia.

Entre todos os fugados había 183 galegos, como o pontevedrés Amador Rodríguez, derradeiro fugado en ser capturado despois de tres meses, Leopoldo Picó, un dos cerebros da fuga, ou Antonio Valladares, outro dos organizadores. Tamén se fará fincapé no papel de diversas mulleres acusadas de complicidade que foron encarceradas.

Esta fuga ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, aínda que logo caeu no esquecemento e foi ocultada polos vencedores. En cifras, a fuga deixou 206 mortos enterrados nos vales entre o forte e a fronteira, 14 fusilados como dirixentes e outros 46 capturados que falecerían no forte ata 1943.

Andel do libro galego e portugués
Tel. (+34) 986 239 000
Camelias, 102
36211Vigo
Galiza
www.andelvirtual.com
https://www.facebook.com/andel.libraria

Nenhum comentário:

Postar um comentário