O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 28 de abril de 2015

Lugo debaterá o 4 de maio a retirada das distincións municipais outorgadas a Franco

Foto:  XESÚS PONTE
 
Traducción Estación Atlántica
A proposta do goberno inclúe tamén a modificación doutros símbolos franquistas, como o nome das rúas Xeral Tella ou Comandante Manso, entre outras

El Progreso- Lugo 28 de Abril de 2015 | Efe
A Corporación municipal de Lugo debaterá o próximo 4 de maio, en sesión ordinaria, a retirada das distincións municipais que lle foron outorgadas no seu día a Francisco Franco, así como a outras figuras do Réxime, ademais de pronunciarse sobre o cambio de nomes proposto para algunhas rúas, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica.

A proposta do goberno local da cidade, que será debatida en pleno, inclúe a retirada dos títulos de Alcalde Honorario e Alcalde Honorario Perpetuo a Francisco Franco, así como das medallas de Ouro da cidade concedidas no seu día a figuras como Heli Rolando de Tella, Comandante Manso ou Antonio Pedrosa Latas.

Así mesmo, a proposta do goberno que preside o socialista José López Orozco inclúe o cambio de nome de varias rúas, de forma que a vía Xeral Tella pasaría a chamarse Avelino Pousa Antelo; Comandante Manso sería Mártires de Carral; Cendrón do Val por Isaac Díaz Pardo; Tenente Coronel Teijeiro por Lois Pena Novo; Glorieta Irmáns Pedrosa por Xaquín Lorenzo, "Xocas"; e Ruiz de Alda por Luís Cordeiro

Ademais, esa mesma proposición do goberno local inclúe a dedicatoria dunha rúa da cidade ao expresidente do Goberno, Adolfo Suárez, que daría nome a actual avenida de Carlos Azcárraga.

Nenhum comentário:

Postar um comentário