Porto de San Adrián de Cobres na homenaxe nacional ás vítimas do franquismo
do ano 2014. Foto da Iniciativa Galega pola Memoria
O acto terá lugar o sábado 3 de outubro ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres. Este lugar foi elixido polo colectivo A Regaduxa
para instalar unha inscrición en homenaxe ás vítimas do terror
franquista polo seu simbolismo: pola proximidade ao cárcere de San
Simón, e porque tanto o peirao como a estrada que leva até alí foron
construídos co traballo forzado dos presos da illa, algúns deles de
Vilaboa.
Na
súa negativa a autorizar a instalación da inscrición, Portos aduce
razóns de seguranza que non aplica noutros peiraos. En realidade, nas
reunións que se mantiveron con responsábeis do organismo explicaron que
non lles gustaba nada a expresión “terror franquista”.
A
Regaduxa comeza con este acto unha campaña reivindicativa e de denuncia
para conseguir instalar a inscrición. Facemos un chamamento a todas as
persoas comprometidas coa recuperación da memoria histórica para que
acudan ao peirao de Santa Cristina de Cobres o sábado 3 de outubro.
Poderedes participar na acción colectiva que se vai realizar e poñer así
o voso grao de area para que se faga realidade a homenaxe ás vítimas do
terror franquista en Vilaboa.
Vilaboa, 28 de setembro de 2015
Nenhum comentário:
Postar um comentário