O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 10 de julho de 2016

Exposición: 80 anos. Santiago 1936


Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2016


Iniciativa Galega pola Memoria 7/10/2016
A Iniciativa Galega pola Memoria un ano máis organiza a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo que terá lugar o vindeiro domingo 17 de xullo na Illa de San Simón. Este ano, polo seu 80 aniversario ten especial relevancia para chamar a atención sobre este espazo que debera ser fundamentalmente un lugar para a memoria.

Na illa de San Simón houbo moitos presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. É un sitio para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror. Desde a Iniciativa Galega pola Memoria queremos un ano mais defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.

As persoas que estean interesadas en asistir teríanse que poñer en contacto coa Asociación memorialística da súa comarca que sexa membro da IGM co fin de organizar o embarque xa que as prazas son limitadas. A inscrición pecharase en canto se complete o número que lle corresponden a nosa comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos.